Aparece o corpo dunha muller nunha gabia en Taramuño, Carral (A Coruña)

A muller saíu a paser pola parroquia de San Vicente de Vigo. Atopárona no fondo dunha gabia pola que corre un regato.


|

Acceso a Taramuu00f1o en una imagen de Google Street View
Acceso a Taramuño nunha imaxe de Google Street View

O corpo sen vida dunha muller foi localizado na tarde deste mércores xunto a un regato no concello coruñés de Carral.

Minutos despois das 17,00 horas deste mércores, unha veciña deu a voz de alarma tras atopar co cadáver nunha gabia, nas inmediacións dun pequeno río situado en lugar de Taramuño, na parroquia de Vigo.

Até o lugar mobilizáronse Urxencias Sanitarias e o forense, que certificaron o falecemento da muller, de idade avanzada e que residía nas proximidades de lugar onde foi atopada, segundo trasladaron fontes próximas ao caso.

O cadáver, que non presenta signos de violencia, será trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para realizarlle a autopsia. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE