Abre o prazo para presentar propostas na Feira de Artesanía do Festival de Ortigueira

A Feira de Artesanía celebrarase entre os días 11 e 14 de xullo


|

1 Feria de Artesaniu0301a Festival de Ortigueira 2023
1 Feria de Artesaniu0301a Festival de Ortigueira 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia que xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de casetas e espazos públicos para toda persoa física e/o xurídica que estea interesada na participación na feira que ten lugar durante o Festival de Ortigueira.

 

Desde o Comité Organizador búscase seguir apoiando aos produtores artesáns que, como en cada Festival, enchen Ortigueira cos seus produtos realizados de maneira artesanal. Considerarase produto artesanal aquel derivado dunha actividade económica que supoña a creación, produción, restauración, ou reparación de bens de valor artístico ou popular.

 

Tal e como rezan ditas bases, a documentación deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, presencialmente ou a través da Sede Electrónica no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

Ademais, desde o Comité Organizador quérese lembrar quea O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. 

 

O certame mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño evolucionou nas súas formas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE