Os billetes para descubrir o cartel secreto do Sinsal en San Simón saen á venda o 10 de maio

O segredo mellor gardado do panorama festivalero darase a coñecer os días 26, 27 e 28 de xullo. 


|

20230722 Sinsal sau0301bado 22   Hatis Noit u00a9 Lino Escuriu0301s
Foto: Sinsal

 

Última chamada para os pasaxeiros do catamarán con destino ás illas de San Simón e San Antón, poden pasar a adquirir o seu billete o próximo 10 de maio. Un billete que dá acceso ao Festival Sinsal, un dos eventos cultural de referencia no verán galego e unha cita que só descobre a súa programación cando o barco atraca no peirao do illote da ría de Vigo. Para saber quen actuará este ano neste emblemático enclave haberá que estar moi espelido para facer con algún dos abonos que se disporán o venres 10 de maio a partir das 12 horas.

 

Trátase dun evento moi exclusivo porque un dos selos do festival é o seu tamaño reducido -800 asistentes por día- para respectar a contorna e ofrecer unha mellor experiencia ao público. Por iso, o número de asistentes é tan limitado, aínda que iso non impide que os abonos se fulminen en tempo marca e as entradas de día, dispoñibles a partir do próximo luns 13 de maio, voen dos despachos de billetes.  

 

SS24 entradas 1080x1350

 

"O transporte até a illa está incluído na entrada e o público pode escoller o seu traxecto no momento da compra do seu billete, no que se lle informa dos horarios dos barcos. Os prezos son diferentes en función do embarcadoiro así como da idade", puntualizan desde a organización, que lembra os puntos de partida: a Estación Marítima do porto de Vigo e do Centro de Interpretación de Rande, en Meirande. 

 

 

 

MÁIS DE 20 BANDAS E SOLISTAS

Como sempre, pouco se sabe do que nos deparará esta nova edición dun festival multipremiado e recoñecido en todo o territorio nacional, pero si detallan os organizadores que para este 2024 serán máis de 20 formacións as que arribarán ao arquipélago durante tres días de música. 

 

20230723 Sinsal domingo 23 u00a9 Lino Escuriu0301s 6
Foto: Sinsal

 

No entanto, nesta illa, declarada Ben de Interese Cultural, son moitas as actividades que se desenvolverán a maiores dos concertos de artistas procedentes de practicamente calquera recuncho do globo. As iniciativas vinculadas á sustentabilidade ambiental e a concienciación, así como o carácter divulgativo dalgunhas das propostas do SinSal, son outros dos elementos que fan tan especial esta experiencia, que pon en valor, entre outros, o patrimonio e a gastronomía da zona.  

 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE