Cartel definitivo do Morriña Festival, que suma a Editors, Lola Índigo, Iván Ferreiro ou Juan Magán

O festival herculino pecha a súa programación para esta nova edición co anuncio de sete "fichaxes" para os días 26 e 27 de xullo.


|

WhatsApp Image 2024 05 08 at 14.00.01
Fotos: EP

 

A organización do Morriña Festival está concinando un banquete para o goce dos padais máis exixentes. O gusto variado dos festivaleros verase saciado o próximo mes de xullo, concretamente os días 26 e 27 de xullo, datas nas que sairán a escena Nicki Niole, Dorian, Yandel, Dani Fernández, Sen Senra ou Íñigo Quintero. Á xa confirmada retahíla de artistas de primeira orde que farán a súa aparición no Peirao de Batería da Coruña, o Morriña Fest suma agora sete incorporacións máis, a guinda perfecta para esta suculenta proposta. 

 

Entre os nomes a destacar está a da madrileña Lola Índigo, xa toda unha habitual no Morriña despois de cortar a cinta inaugural na primeira edición do festival e que compartirá escenario o sábado con outra ex de OT como Aitana, así como Editors, un grupo de rock consagrado que centrará todas as miradas o venres xunto co seu paisano Louis Tomlinson.

 

GNDGtVuWwAAusCg

 

Tamén cabe unha mención especial para o incombustible Iván Ferreiro ou para o ritmo electrolatino de Juan Magán, que pechan a xornada do venres na que tamén actuarán Marlena e Enol

 

 

Xa para o sábado, o colombiando Pedro Capó, o portorriqueño Dei V e o galego Toni Seijas completan o programa xunto aos xa anunciados A A Love You, Dollar Selmouni, Malmö040, Trashi, Garabatto ou Yeico x Toni

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE