Cartel definitivo do Morriña Festival, que suma a Editors, Lola Índigo, Iván Ferreiro ou Juan Magán
O festival herculino pecha a súa programación para esta nova edición co anuncio de sete "fichaxes" para os días 26 e 27 de xullo.
A organización do Morriña Festival está concinando un banquete para o goce dos padais máis exixentes. O gusto variado dos festivaleros verase saciado o próximo mes de xullo, concretamente os días 26 e 27 de xullo, datas nas que sairán a escena Nicki Niole, Dorian, Yandel, Dani Fernández, Sen Senra ou Íñigo Quintero. Á xa confirmada retahíla de artistas de primeira orde que farán a súa aparición no Peirao de Batería da Coruña, o Morriña Fest suma agora sete incorporacións máis, a guinda perfecta para esta suculenta proposta.
Entre os nomes a destacar está a da madrileña Lola Índigo, xa toda unha habitual no Morriña despois de cortar a cinta inaugural na primeira edición do festival e que compartirá escenario o sábado con outra ex de OT como Aitana, así como Editors, un grupo de rock consagrado que centrará todas as miradas o venres xunto co seu paisano Louis Tomlinson.
Tamén cabe unha mención especial para o incombustible Iván Ferreiro ou para o ritmo electrolatino de Juan Magán, que pechan a xornada do venres na que tamén actuarán Marlena e Enol.
Xa para o sábado, o colombiando Pedro Capó, o portorriqueño Dei V e o galego Toni Seijas completan o programa xunto aos xa anunciados A A Love You, Dollar Selmouni, Malmö040, Trashi, Garabatto ou Yeico x Toni.
Escribe o teu comentario