Mercadona prepara a inauguración en Narón do seu supermercado máis punteiro e sostible
O centro contará con máis de 400 paneis solares que permitirán o aforro en emisións dunha 30 toneladas de CO2.
Despois dun 2023 de marca, desde Mercadona manteñen o seu avance imparable en Galicia coa apertura de novas instalacións e a creación de postos de traballo de calidade nunha comunidade na que a aposta da cadea de supermercados está enfocada á sustentabilidade e o respecto á contorna, algo que se pode constatar no caso do próximo local que abrirá en maio en Narón .
As instalacións, que abrirán as súas portas o 23 de febreiro na estrada Cedeira, contará con 205 prazas de aparcadoiro, sete delas para os vehículos eléctricos, ademais de incorporar 418 paneis solares que alimentarán a todo o complexo.
Estas tendas, máis eficientes, permiten cos seus módulos fotovoltaicos avanzar "cara ao autoconsumo e a descarbonización", o que supón á súa vez un aforro do 20% no consumo enerxético anual en comparación cunha tenda sen este tipo de subministración. É, ademais, un aforro dunhas 30 toneladas de CO2 por supermercado. Outras medidas permiten reducir até un 40% o consumo eléctrico neste tipo de instalacións, como son a mellora do illamento térmico e acústico, así como o uso dun sistema de iluminación LED automatizado.
O MELLOR PARA CLIENTES E EMPREGADOS
No entanto, desde Mercadona pensaron tamén na comodidade dos seus clientes, incorporando a sección 'Listo para Comer', con bebidas e pratos listos para o seu consumo en envases feitos con materiais naturais na área de descanso especialmente pensada para o descanso dos clientes. Por outra banda, a tenda conta cun dobre acristalado que evita as correntes de aire, uns corredores máis amplos e espazos tamén máis amplos e diáfanos, con máis luz natural.
Os empregados de Mercadona tamén se beneficiarán destas modernas instalacións con melloras en campos como a ergonomía que permitirá "eliminar sobreesfuerzos". " O novo moble de caixa desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. A tenda tamén dispón de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso", apunta a firma.
Escribe o teu comentario