Iberdrola propón electrificar o transporte urbano para rebaixar o nivel de emisións

A enerxética, xunto co Círculo de Empresarios de Galicia, idean unha serie de propostas para avanzar no proceso de descarbonización.


|

GL2o4bnWwAAcp9L
Foto: Círculo de Empresarios de Galicia

 

Un mundo máis sostible, un transporte máis eficiente, un planeta máis verde… Son moitas as vantaxes que se pode extraer das propostas que esta mañá achegaron en Vigo desde Iberdrola e o Círculo de Empresarios de Galicia no marco da xornada ‘Electrificación do Transporte Urbano de Viaxeiros’, evento no que, entre outras cuestións, abordáronse as claves para avanzar na senda da descarbonización do transporte.

 

Nesta cita participaron Francriso Silva Castaño, delegado de Iberdrola en Galicia, Ana Fernández Galán-Miera, xefe de produto de e-Bus e e-Truck da compañía eléctrica, ou Marcelino Otero, coordinador do Foro de Enerxía e Medio Ambiente do Círculo de Empresarios, entre outras personalidades. 

 

O obxectivo que perseguen todos é a redución de emisións para que as cidades sexan máis sostibles, grazas a unha subministración de enerxías 100% renovables. Pero para iso hai que reformular o modelo actual, xa que os transportes son responsables dunha gran cantidade de emisións: só un autobús de combustión emite entre 60 e 70 toneladas de CO2, ademais doutras moitas emisións contaminantes. O sector é responsable de preto dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro no continente europeo. 

 

Os esforzos de Iberdrola comezan a dar os seus froitos e as tecnoloxías 100% eléctricas permiten a redución das emisións, sendo estes transportes igual de fiables, seguros e máis confortables, eliminando os molestos ruídos e vibracións que tanto amolan aos usuarios deste transporte. 

 

“UN MENOR CUSTO”

“Avanzar cara á electrificación do transporte é avanzar cara a un mundo máis verde e sostible. Podemos dicir que son numerosas as cidades que utilizan medios eléctricos, e Galicia non queda atrás”, celebrou Silva, á vez que detallou que esta tecnoloxía poría fin a “a importación de combustibles fósiles” e representaría “un menor custo” grazas a un rendemento que permite “a máxima eficiencia enerxética”. 

 

Trátase, ademais, dun sector o do transporte urbano de viaxeiros que trata de explorar coas administracións públicas todas as posibilidades a fin de ser, non só medioambientalmente máis respectuosos, senón tamén máis competitivos, algo que teñen máis preto co aproveitamento das enerxías renovables, sendo Galicia un territorio con moito potencial neste sentido e con moitos recursos aínda por explotar. 

 

Neste sentido, Otero puxo en valor a importancia de avanzar na electrificación, xa que considera que pode ser “motor da economía”. “A enerxía e os consumos enerxéticos son fundamentais. Camiñamos cara á descarbonización nun momento que coincide  co incremento das enerxías renovables. E o transporte é, sen dúbida, fundamental para unha economía sería”, destaca. 

 

UNHA MELLOR PLANIFICACIÓN

Por outra banda, Fernández Galán.Miera foi a encargada de moderar a mesa na que participaron distintos empresarios do sector sobre temas como as vantaxes que ofrece o autobús eléctrico sobre o de combustión fósil. Así, e aínda que o investimento inicial pode ser máis alta, o aforro en combustible é do 70%, ao que hai que engadir un 30% de aforro no mantemento

 

Unha maior estabilidade nos plans de explotación polos custos da subministración eléctrica permite aos empresarios concretar nos contratos períodos de tempo máis exactos, sendo á súa vez máis competitivos e vantaxosos. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE