Estabilizado o incendio que afecta ás Fragas do Eume en Cabanas

Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra


|

Humo provocado por un incendio forestal en la parroquia de Belesar, a 6 de agosto de 2023, en Vilalba, Lugo, Galicia (España). Varios medios de extinción, terrestres y aéreos, fueron movilizados en
Fume provocado por un incendio forestal


 

A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado ás 16,43 horas o incendio forestal que permanecía activo no municipio coruñés de Cabanas e que afecta a 2,4 hectáreas de superfie do Parque Natural Fragas do Eume.

Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra. Para a súa extinción mobilizáronse un técnico, catro axentes, nove brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros.

 

 

 



A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE