A política económica de Jácome deixa a bombeiros e policías cun buraco de até 700 euros nas súas nóminas

Unha sentecia que desmontou por completo as contas do Concello de Ourense, o cesamento do interventor, da tesoureira, as nóminas incompletas de marzo e abril... Os problemas amontóanse para un Jácome que ten a policías e bombeiros revolucionados. Manuel Pérez, portavoz de Comisións Obreiras, explica a Galiciapress os motivos polos que os traballadores non están a percibir os pluses e incrementos que lles corresponde, achacando esta circunstancia ao mal facer do rexedor que, no entanto, ten "á Panorma, a Olympus e a París de Noia" na cidade "acotío".


|

Archivo - El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, interviene durante una rueda de prensa, en el Ayuntamiento, a 10 de mayo de 2023, en Ourense, Galicia (España). El alcalde presentó una denun
Arquivo - O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

 

Gonzalo Pérez Jácome non é un home de moitos amigos. Durante os seus anos á fronte do Concello de Ourense gañouse máis inimizades que aprecios, pero agora hai que sumar por centos de traballadores da súa administración, que hoxe se acudiron no salón de plenos para esixir explicacións sobre por que non viron nas súas nóminas de marzo e abril os pluses e subidas que lles corresponden. E é que o Goberno municipal é incapaz de facer fronte á totalidade dos pagos, polo que tivo que botar man da tesoira e non abonar as cantidades que deberían percibir, entre outros, os membros da Policía Local e do corpo de bombeiros.
 

Desde Comisións Obreiras non ocultan a súa preocupación e Manuel Pérez, portavoz do sindicato no Concello ourensán, admite que a situación nestes momentos é “moi complicada”. “Levamos denunciando desde fai preto dun ano que hai problemas para pagar as nóminas. Advertímolo o verán pasado, dixéronnos que non ía haber problemas, pero si os houbo”, lamenta Pérez.
 

 

ENTRE UN 30 E UN 40% DO SOLDO

Non houbo problemas no tempo dos cobros, pero si nas cantidades, como se puido ver en marzo, cando os traballadores do Concello non viron reflectido o incremento do 0,5% acordado nas súas retribucións nin outros pluses como nocturnidade, horas extra ou festividades. Isto ten unha especial afectación sobre os funcionarios da administración xeral, axentes de Policía ou os bombeiros, xa que pode traducir en até 700 euros menos. Algúns afectados manifestan que, con este recorte nas súas nóminas -representan da orde do 30 ou 40% nalgúns casos-, moitos non poden facer fronte ao pago das súas hipotecas e outros gastos. 


A causa, explican, foi unha sentenza que ha desbarajustado por completo as contas municipais. “O Concello ten unha sentenza contraria por non negociar o capítulo un dos orzamentos de 2020. A administración non executou a sentenza, o sindicato denunciante cansouse e pediu a súa execución. Cando lle apertaron os parafusos a Jácome mandou executar a sentenza, o que supuxo que o orzamento que estaba prorrogado, o capítulo un tivo que pasar aos datos económicos de 2014”, detalla Pérez. 
 

Isto, en termos numéricos, supón unha perda duns 4 millóns de euros, claves para poder facer fronte aos salarios do persoal. “Hoxe, despois de catro anos, tanto pola nefasta xestión da administración, como polo pasotismo da #CSIF, sindicato que non mandou aplicar a sentenza, vémonos nesta situación”, lamentan desde CC.OO., que encabeza as protestas contra a administración de Jácome. 
 

E, NO MEDIO, Os CESAMENTOS DE JÁCOME

Con todo, o envurullo é aínda maior si temos en conta algunhas das últimas e polémicas decisións do impulsivo rexedor auriense, como son cesar ao interventor municipal, ao que culpan desta situación, e á tesoureira, á que tivo que recolocar como viceinterventora, polo que agora asumirá as funcións do interventor mentres non se cubra esta vacante. Si a isto sumamos que desde Recursos Humanos manifestaron por activa e por pasiva que cos orzamentos actuais non hai diñeiro para pagar todas as nóminas, a crise está máis que servida na cidade termal. 

 

 

A solución que se atopou para facer fronte ás nóminas foi o deixar a deber os pluses e incrementos citados. “A maioría dos traballadores están pendentes de cobrar os pluses e subidas pactadas desde marzo”, critica Pérez, que interpretou que se estaban “dando longas” desde o goberno municipal, desde onde só “trasladaron mentiras e medias verdades”. 

 

“Cos informes do interventor o que nos dixeron é que non ían poder pagar os pluses e que as nóminas sairían peladas”, reprocha. Jácome insistiu este xoves en que a situación mudaría na nómina de maio, pero as expectativas de CC.OO. non son tan boas, xa que cren que isto non se arranxará, “salvo milagre”, antes do outono, cando “sabían desde hai tempo que non ían poder pagar e enganaron aos traballadores”, que agora perciben só o salario basee e complementos obrigatorios.
 

“Agora o que teñen que buscar é 4 millóns de euros para engadir aos orzamentos. O señor alcalde terá que baixar os pantalóns e pedirlle á oposición que aprobe unha modificación do crédito”, indica Pérez, á vez que lembra o soldo de máis de 73.000 euros anuais do alcalde ourensán. “Xa non sei si é o alcalde mellor pagado de Galicia, de España ou do mundo enteiro”, ironiza o sindicalista. 

 

 

Consecuentemente, os atrasos que xa se reflicten nas nóminas dos afectados irán a máis e chegará un momento no que se terán que cobrar. “En moitos servizos as horas extra van con até un ano de atraso. A xente está farta de traballar e cumprir co seu traballo, acudindo a festas, que son o que temos en Ourense con este alcalde. A Panorma, a Olympus e a París de Noia están aquí acotío, e a xente ten que traballar igualmente”, acusa Pérez pola “tomadura de pelo” de Jácome aos traballadores e o “engano perpetrado desde Recursos Humanos”. 
 

E DE AQUÍ Ao que RESTA DE ANO...QUE?

A pregunta que queda no aire é, sen unha solución inmediata e sen unha inxección nas contas, haberá diñeiro de aquí a final de ano para facer fronte a todas as nóminas sen incorrer en máis falta de pagamentos? Desde Comisións admiten que “non poden adiviñalo” e que só poden “seguir demandar os pagos”. “Agora mesmo só temos garantido o soldo basee. O demais non contémplase”, resolve Pérez, que non ve unha solución a curto prazo, especialmente no tocante a bombeiros e policías, os gremios máis prexudicados. 

 

Desde Comisións Obreiras expoñen para os próximos días tender a man ao resto de sindicatos de face a que haxa unha maior unidade de acción. “Gustaríanos ter unidade sindical neste asunto e saír á rúa sen siglas, defendendo aos traballadores”, confía Pérez sobre unhas mobilizacións que prometen ir a máis co paso dos días “xa sexan de forma conxunta ou individual”.  


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE