Indignación entre as vítimas do Alvia de Angrois: "É incomprensible que o fiscal retire os cargos a Cortabitarte"
A platagorma Victimas do tren Alvia de Santiago de Compostela'
Sorprendente decisión na Cidade da Cultura, onde desde hai meses celébrase o tan esperado macroxuízo polo accidente sucedido o 24 de xullo de 2013. No proceso están a ser investigados o maquinista Francisco José Garzón, e o director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, únicos imputados deste fatal suceso na curva de Angrois que se cobrou a vida de 80 persoas. Con todo, a Fiscalía decidiu retirar a acusación ao ex alto cargo de Adif, o que deixa, no caso do fiscal, ao maquinista como único procesado.
O fiscal do Estado sostén nas súas conclusións que Cortabitarte non incumpriu as normativas nas funcións que lle atribuía o seu cargo. Ademais, sinala que o risco de exceso de velocidade na curva non fora identificado previamente e que se seguiu coas medidas de seguridade previstas durante a construción da vía. Así, retira a petición de catro anos de cárcere para Cortabitarte, mesma pena que si mantén para Garzón.
INCREDULIDADE E APOIO Ao MAQUINISTA
Desde a asociación de vítimas limítanse a mostrar a súa sorpresa ante esta decisión de que tachan de" incomprensible". Entramos na recta final do xuízo e as decisións desta mañá dan un envorco ás teses iniciais, o que á súa vez pode ser decisivo para a sentenza final.
A noticia ten lugar nun día no que o maquinista e os seus compañeiros son noticia, ao recibir o apoio presencial de decenas de colegas do sector que arrouparon a Garzón na sesión deste martes. Agora, e tras o paso dado polo fiscal, as posibilidades dunha condena a Cortabitarte redúcense sensiblemente, aínda que o resto de acusacións manteñan as súas peticións.
Escribe o teu comentario