Un día de furia en Santiago: prende lume nunha empresa de aluguer e vai ao bar a esperar que o arresten

Na película Un día de furia Michael Douglas é un home común que se enfronta a unha serie de frustracións e contratempos nun só día, o que o leva a desatar a súa ira acumulada nas rúas de Los Ángeles. Un argumento que resoa co padecido onte polos veciños de Lavacolla e os traballadores dun parking.

 


|

Coches quemados en el incendio de Parking Fly en Lavacolla en una imagen de la CRTVG
Coches queimados no incendio de Parking Fly en Lavacolla nunha imaxe da CRTVG

 

A primeira alerta saltou sobre as 20 horas. Os Bombeiros de Santiago foron requiridos para sufocar un incendio en Aparking Fly, unha empresa de estacionamento e aluguer de coches de baixo custo, situada nas proximidades do aeroporto Lavacolla en Santiago de Compostela. 

 

Tres vehículos estacionados no lugar resultaron afectados polas chamas -dous queimados por completo- nun incidente que parece ser provocado intencionalmente. A Policía indica tamén que o fume afectou a unha casa próxima e que os axentes tiveron que axudar a unha residente con síntomas leves de afectación polo fume.

 

Segundo testemuñas presenciais, o suceso empezou cando un individuo, supostamente un cliente do parking, iniciou unha discusión acalorada co propietario do aparcadoiro. A disputa, ao parecer, desencadeouse porque ao cliente non lle devolveron en efectivo a fianza do seu vehículo alugado, despois de devolvelo, alegaba a empresa, cun día de atraso.  Ao home non lle sentou ben ser informado de que tería que pagar un cargo adicional pola tardanza. 

 

O individuo, ademais de presuntamente agredir ao traballador que o atendeu, tamén se habería violentamente a outros compañeiros que viñeron na súa axuda. Posteriormente, os veciños contan que se foi a unha gasolineira moi próxima, volveu coon gasolina e provocou o incendio que calcinou completamente dous coches da empresa de aluguer e danou gravemente un terceiro dunha veciña.

 

Un pitillo antes da detención

Despois do incendio, o presunto responsable dirixiuse a un bar próximo chamado Sabugueira, onde, segundo fontes locais relataron á Voz, solicitou un cigarro aos clientes presentes e admitiu incendiar os coches no aparcadoiro próximo. A policía foi alertada e procedeu á súa detención no lugar.

 

Portavoces da Policía Nacional explican a Galiciapress que o individuo "se resisitió durante a detención". A Policía Xudicial tomoulle declaración na Comisaría de Santiago e o sospeitoso segue detido á espera de declarar ante o xuíz. 

 

Os bombeiros responderon rapidamente á emerxencia e lograron extinguir as chamas cara ás 21:00 horas. A gravidade do incidente obrigou a pechar temporalmente o tráfico na estrada N-634, que pasa por Lavacolla. Algo que provocou serios problemas a algúns condutores que debían ir ao aeroporto para coller avións ou recoller viaxeiros.

 

Este incidente deixou á comunidade local atónita, coa investigación en curso para determinar as circunstancias exactas e as posibles motivacións detrás do comportamento tan violento do individuo que despois esperou aos axentes para que o detivesen pondo fin ao seu día de furia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE