O concelleiro Alejandro Sánchez Brunete será o novo portavoz do PP no Concello de Santiago en substitución de Agustín Hernández, que dimitiu de todos os seus cargos para ser o novo presidente do Consello Económico e Social (CES). Pola súa banda, unha xestora encargarase da agrupación local popular ata que se elixa novo presidente, cargo que ata o de agora tamén ocupaba o exconselleiro.
Este martes todos os principais candidatos á alcaldía de Compostela debateron xuntos na USC. Aínda que remisos, deixaron algunha pista de por onde poden ir os pactos post-electorais. Por exemplo, o PP promete que nunca pactará con Vox en Santiago, aínda que se con Cidadáns.
Proponse articular un programa que "ilusione" e unha candidatura na que "se vexa reflectida" a cidadanía de Santiago
O portavoz do PP de Santiago chamara ao PP para reflexionar sobre a comisión de investigación, pero agora defende a postura do seu partido.
O portavoz do PPdeG no Parlamento discrepa con Agustín Hernández sobre a posición do partido ante a investigación de Angrois.
Avoga por "buscar o mellor para que familiares e persoas relacionadas coas vítimas" teñan "a seguridade de que todo queda clarificado" | Descarta a investigación no Parlamento galego.
Anuncia unha remodelación do seu goberno e evita pronunciarse sobre se será candidato para as municipais de 2019.