O errejonismo empeza a mover as súas bazas en Galicia. E fano cun órdago, cuestionando a limpeza das recentes primarias que gañou Antón Gómez Reino, próximo a Pablo Iglesias. A nivel estatal, Podemos rexeita a auditoría que pide o sector crítico galego.
No medio da marusía estatal pola candidatura de Errejón á Comunidad de Madrid, aparece un informe que denuncia presuntas "irregularidades" nas eleccións en Galicia que perdeu Carolina Bescansa, próxima a Errejón. A actual dirección, próxima a Pablo Igrexas, desacredita ese documento. Bescansa é unha das deputadas que criticaron a situación en Podemos tras coñecerse a marcha do seu ex-número 2.
Quedan menos de 24 horas para saber se gaña Bescansa, cun discurso feminista e que marca distancia coas mareas, ou Gómez Reino, que conta co apoio de Pablo Igrexas.
Carolina Bescansa atende a Galicia Press en plena campaña por liderar Podemos Galicia nunhas primarias nas que se enfronta a Antón Gómez-Reino.
Nunha entrevista, asegura que Podemos ten "claro" quen son os seus "aliados", pero pide centrar o "debate" en transformar Galicia, non en "fórmulas" ou "marcas".
A pesar das críticas de Pablo Igrexas e de Gómez Reino, Carolina Bescansa presentarase a secretaria xeral. Un movemento que sorprende a moitos cargos e militantes morados, dado que Bescansa non militaba en Galicia ata hai uns meses. Os seus críticos temen que converta Galicia nun campo de batalla con Igrexas reabrindo o debate sobre o modelo territorial e a automía de Podemos Galicia fronte ao aparello estatal.
Antón Gómez-Reino iniciou a súa carreira para ocupar o posto de Carmen Santos á fronte de Podemos Galicia.
"Personalizar o debate paréceme facerlle un fraco favor ao noso país", afirma a cofundadora de Podemos.
A deputada compostelá idea un plan con tres puntos no que propón unha reforma da Constitución.
A deputada de Podemos sinala o financiamento autonómico como outra das causas de fondo.
A ex dirixente e deputada de Podemos di que "no ADN" da súa formación está expresarse en público.
"Gustaríame un Podemos que lle falase máis aos españois e non só aos independentistas", critica a deputada galega.
Carolina Bescansa ocupará agora escano o a terceira fila. "Non hai máis criterio que o que seguimos sempre", xustifica Irene Montero.
Nin ela nin o secretario de Economía irán en ningunha candidatura para a nova dirección. "Non queremos retroceder", afirman, pero apártanse do cisma entre Iglesias e Errejón.
Os catro encérranse na sede de Podemos esta mañá. O equipo de Errejón busca, doutra banda, polo menos, un consenso en materia de feminismo e igualdade.