Galiciapress charla coas deputadas Paula Prado (PPdeG), Noa Presas (BNG) e Noa Díaz (PSdeG) sobre a conveniencia das concentracións e outros aspectos deste Día Internacional da Muller.
A empresa galega de alimentación Casa Grande de Xanceda puxo en marcha esta peculiar campaña coas vacas e o 8 de marzo como protagonistas.
A plataforma, encargada de mobilizar ás mulleres da comunidade cada 8 de marzo “en calve galega, diversa, inclusiva e horizontal”, convoca unha nova folga para este ano marcado pola pandemia.
"En España hai mulleres cun talento enorme que realizan o seu traballo, pero en moitos casos fano en silncio" indica a catedrática para quen as mozas necesitan referencias e "estes premios axudan a poñer en perspectiva ás mulleres científicas, dándolles visibilidade, proximidade e realidade".
Se en Galicia as desigualdades sociais disparáronse durante o mandato de A. Núñez Feijóo (2009-2020), hai unha que resulta especialmente irritante: a desigualdade de xénero.
As feministas galegas volverán saír á rúa este domingo, 8 de marzo, para visibilizar o papel de coidados que exercen as mulleres en máis do 80 por cento dos fogares de Galicia e que constitúe "o centro da vida" social, familiar e económica segundo a plataforma Galegas 8M.
As rúas de Verín tinguíronse de morado este domingo cunha multitudinaria manifestación feminista que percorreu o pobo para protestar contra "a violencia institucional" do Goberno galego e reclamar a visibilización do rol de coidados que historicamente desempeñaron as mulleres.
As principais cidades galegas acolleron protestas para condenar a violencia machista que, en apenas mes e medio, xa golpeou Galicia dúas veces.
A performance de 'Un violador no teu camiño' celebrada na capital galega viuse embazada pola actitude machista dun dos asistentes que máis tarde foi identificado en Redes Sociais.
Tres anos despois da desaparición de Diana Quer e a escasas horas de coñecer a sentenza do xuízo polo seu asasinato, Galiciapress regresa á Pobra do Caramiñal para profundar e investigar o impacto que tivo a desaparición da moza no municipio. Veciños, negocios, Garda Civil, goberno local...todos ofrecen o seu punto de vista das consecuencias que tivo para o pobo uno dos casos máis mediáticos da última década. Nesta terceira e última entrega, despois de analizar a imaxe dada da vila desde os medios de comunicación e o consecuente impacto que sufriu o turismo, investigamos como Diana foi o xerme do feminismo para toda unha xeración de mulleres.