O IGAPE di que a súa concesión de axudas e avais é transparente
O IGAPE nega pecar de falta de transparencia, tal e como lle acusou esta semana o deputado do PSdeG Abel Losada.
O IGAPE nega pecar de falta de transparencia, tal e como lle acusou esta semana o deputado do PSdeG Abel Losada.
Cividanes, director do IGAPE
Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais da Consellería de Economía destacan que "todas as concesións de avais publícanse no DOG trimestralmente e o IGAPE envía unha informe de situación sobre os avais ao Parlamento".
No que vai de ano, o DOG non publicou informacion sobre ningún dos avais asinados no presente exercicio. O IGAPE asegura que, en todo caso, as concesións publícanse na súa web, "despois de que lle comunicase aos interesados mediante notificación ou publicación no DOG".
A Consellería tamén destaca que tanto as convocatorias de axudas publícanse na web e nun boletín de noticias "no que están rexistrados máis de 20.000 usuarios".
Escribe o teu comentario