Entran nunha escola para roubar un portátil e comer galletas
Uns ladróns coáronse a pasada fin de semana na escola de educación infantil de O Fontelo, en Coirós, para roubar un computador portátil, revolver a aula e comerse as galletas dos alumnos.
Uns ladróns coáronse a pasada fin de semana na escola de educación infantil de O Fontelo, en Coirós, para roubar un computador portátil, revolver a aula e comerse as galletas dos alumnos.
Ademais do equipo informático, os autores revolveron todo a interior da aula, deixando o material educativo esparexido polo chan. Dáse a circunstancia de que o computador contén no seu disco duro a programación educativa, e fotos dos alumnos, de entre 3 e 6 anos de idade.
Os descoñecidos, que poderían acceder ao interior do colexio a través dunha xanela, coméronse tamén as galletas que teñen á súa disposición os nenos.
O alcalde da localidade, Francisco Quintela, pediu a colaboración cidadá para axudar a esclarecer o ocorrido e tamén solicitou aos responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado que "redobren a súa presenza" no municipio.
Escribe o teu comentario