​Supermercados Dia, adquiridos polo fretador do Prestige, segue caendo en picado

A pesar do investimento do magnate ruso Mijail Fridman, famoso por ser o fretador da carga do petroleiro Prestige que se afundiu ante as costas galegas e que provocou un desastre ecolóxico en Galicia, o grupo de supermercados rexistrou unhas perdas superiores aos 400 millóns de euros neste primeiro semestre. 


|

A pesar do investimento do magnate ruso Mijail Fridman, famoso por ser o fretador da carga do petroleiro Prestige que se afundiu ante as costas galegas e que provocou un desastre ecolóxico en Galicia, o grupo de supermercados rexistrou unhas perdas superiores aos 400 millóns de euros neste primeiro semestre.


Supermercados dia


Dia rexistra unhas contas moi preocupantes


As contas deixan afundida á empresa, xa que os números vermellos deste ano son catorce veces maiores que os rexistrados no mesmo período de 2018, tal e como informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores.


Fridman achaca ao descenso das vendas e as medidas que se tomaron nos últimos meses para dar viabilidade a longo prazo á empresa para xustificar as cifras, pero o certo é que o proxecto do oligarca ruso non empezou con bo pé, sobre todo despois do enrevesado proceso para asumir o control da compañía e as trabas que os distintos acredores e accionistas puxeron para evitar o desembarco de Fridaman e o seu fondo, Letterone, á fronte de Dia.


DESPEDIMENTOS E PECHE DE ESTABLECEMENTOS

As vendas netas baixaron un 7% e as vendas brutas baixo insignia esborralláronse un 18,3%. Estes son só algúns dos moitos datos negativos facilitadas pola CNMV nos primeiros resultados tras a OPA que materializou o movemento de Fridman.


Con todo, os peores datos corresponden ao emprego: despedimentos colectivos en España, recorte do persoal en Brasil, o peche de case 700 tendas consideradas deficitarias, unha iniciativa de traspaso de tendas franquiadas a propias que terá efecto sobre 222 establecementos...Neste sentido, os traballadores da filial de Dia Grupo O Árbore Supermercados son os máis afectados, cun proceso de despedimento colectivo que afectará o peche das tendas Max Desconto con 30 locais e que podería afectar a un máximo de 210 empregados.


VIABILIDADE?

"A nova dirección de Dia é plenamente consciente da esixente situación. O equipo ten os coñecementos e a experiencia para poñer o negocio de novo en marcha e continuar tomando as medidas necesarias para situar a Dia nunha posición de forza e lograr o éxito a longo prazo. Todos os días haberá melloras e cambios, o que levará algún tempo", declarou o conselleiro delegado de Dia, Karl-Heinz Holland.


Fridman dia

O magnate Mijail Fridman


"A estrutura de capital viable a longo prazo e a solución ás necesidades de liquidez da mesma sintan as bases para o cambio exitoso do negocio", resolveu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE