Unha menor sofre lesións graves nun parque infantil en Sada
Unha menor sufriu lesións graves este sábado cando xogaba cun aparello no parque infantil da localidade coruñesa de Sada, segundo informa o 112.
Unha menor sufriu lesións graves este sábado cando xogaba cun aparello no parque infantil da localidade coruñesa de Sada, segundo informa o 112.
Parque infantil de Sada
Ocorreu ás 13,30 horas nun recinto de xogos situado fronte á Casa do concello do municipio, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 para pedir axuda urxente.
Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal do 112 solicitou a intervención dos Bombeiros de Sada debido á difícil situación na que quedou a nena cun dedo seccionado e atrapado no mecanismo de movemento do aparello.
Neste operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local, que, á súa chegada ao lugar do accidente, expuxeron as necesidades para asistir á menor.
Escribe o teu comentario