Covid por concellos: Vigo disparado (+51), Santiago segue á alza (+12) e Boiro lidera as mellorías (-18)


Desde que o SERGAS leva publicando datos por municipios, xamais un concello subira tanto como Vigo hoxe. A cidade rexistra 573 positivos en 14 días. Son 51 máis que o cómputo de onte.


|

Desde que o SERGAS leva publicando datos por municipios, xamais un concello subira tanto como Vigo hoxe. A cidade rexistra 573 positivos en 14 días. Son 51 máis que o cómputo de onte.





Hai outra urbe galega que hoxe presenta datos preocupantes. Santiago de Compostela ten 212 positivos nos últimos 14 días, que son 12 máis que os que tiña onte. 





Cangas  con 6 máis, Viveiro 7 máis,  Barro 7 máis,  Xove 8 máis, Santa Comba 9 máis, A Illa 9 máis e Verín con 10 máis son outros municipios con incrementos notables.


Especialmente preocupante parece a situación na Illa. É xa a terceira xornada seguida que se coa na lista de municipios con peores datos, a pesar de ser un concello cunha poboación modesta. 


A Illa é un dos moitos municipios costeiros con incidencias acumuladas superiores a 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. Iso sitúaos no nivel máximo no semáforo de alertas estatal.





A nivel de cidades as únicas boas noticias hoxe son para Ferrol. Ten 91 positivos en 14 días, que son 6 menos que onte. Isto permite que baixe a súa incidencia de 150, pasando o seu nivel de alerta de risco alto a risco medio. Só Ferrol, A Coruña e Lugo están en risco medio.


Ourense segue empeorando, sumando hoxe 3 positivos máis ao seu cómputo a 14 días. Isto provoca que a cidade supere os 150, ascendendo de risco medio a risco alto. Nivel no que leva semanas Compostela e do que nunca baixaron nin Pontevedra nin Vigo.


Ademais de Ferrol (-6), hai boas noticias para Boiro -18,  Sarreaus -18,  Pontes De Garcia Rodriguez (As) -9, Ferrol -6, Rodeiro -6,  Ponteareas -4 e Sanxenxo -4. 


Moi notable o descenso de Boiro, que leva xa varias xornadas liderando as caídas. A gran caída no pequeno concello de Sarreaus débese ás curacciones dos moitos casos asintomáticos detectados tras un cribado a principio de mes, tras descubrir o SERGAS un foco alí propagado grazas ás matanzas do porco.


CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


Os ascensos en Xove e Viveiro provocan que Lugo xa non teña unha curva epidemiolóxica claramente á baixa. Unicamente a área sanitaria de Ferrol, a máis pequena de Galicia, presenta un descenso continuado.





a área sanitaria de Santiago rexistra de novo unha subida e mantense como a área con máis pacientes, con 1.321 en total (+51); mentres que Vigo sitúase en 1.265 (+49).


O resto están por baixo do milleiro. Nas últimas 24 horas, tamén subiron os casos activos de coronavirus nas áreas de Lugo, con 370 (+14); e en Ourense, con 522 (+16).


No lado oposto sitúanse Pontevedra, que descende ata os 904 pacientes covid (-7), A Coruña, ata os 878 (-2), e Ferrol, ata os 395 (-31).


POSITIVOS POR ÁREAS SANITARIAS





HOSPITALIZADOS POR ÁREAS SANITARIAS


Na última actualización de datos, a área sanitaria de Santiago-Barbanza segue como a que conta con maior presión hospitalaria, a pesar dun descenso de cinco pacientes, ata os 76 en total. Deles, seis están na UCI --uno máis--.

Tras esta, está a área da Coruña-Cee, con 72 hospitalizados con covid, un máis, dos que se atopan en críticos 17, dous máis que o día anterior. Pola súa banda, Vigo experimentou unha baixada de dúas ata situarse nas 65 persoas ingresadas por coronavirus, 11 delas --sen variacións-- en UCI.

No caso da área de Pontevedra-O Salnés, os últimos datos de Sanidade informan dun total de 48 hospitalizados, os mesmos que o día anterior, aínda que hai dous máis en coidados intensivos: oito. A seguinte con máis pacientes ingresados é a área de Ferrol, con 32 en total --os mesmos-- e dous en UCI --uno menos--.

Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras ha sufrifdo un aumento da presión hospitalaria con 31 ingresados --tres máis que un día atrás--, aínda que nas UCI seguen catro persoas. Finalmente, na de Lugo-A Mariña-Monforte continúan 13 hospitalizados, dos que tres --uno menos-- están en críticos. 


InXUz coronavirus por concellos de galicia





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE