Teresa Alvariño asume as funcións como nova xerente de Cetaqua en Galicia
Alvariño releva no cargo a Alberto Sánchez, que será agora o responsable da nova Dirección de Transformación de Viaqua.
Alvariño releva no cargo a Alberto Sánchez, que será agora o responsable da nova Dirección de Transformación de Viaqua.
Enxeñeira química pola USC e doutora en Enxeñería Química e Ambiental, Alvariño toma o temón "con ilusión" ante este novo desafío.
Padroado de Cetaqua | Foto: Cetaqua
Este mércores celebrouse nas instalacións de Cetaqua Galicia en Santiago de Compostela o Padroado da Fundación Centro Gallego de Investigacións da auga. No evento, no que participaron Gumersindo Feijoo, da USC, Javier Rey, do CSIC, Marcos Martín, Ana Tejeiro e Teresa Abalde, por parte de Viaqua, Alicia Gil, de Augas de Barcelona (Agbar), e Carlos Montero, Alberto Sánchez e Teresa Alvariño de Cetaqua, presentouse á nova xerente de Cetaqua Galicia, Teresa Alvariño.
Alvariño, enxeñeira química pola USC e doutora en Enxeñería Química e Ambiental, recolle a testemuña de Alberto Sánchez á fronte do centro tecnolóxico galego. Con todo, Sánchez “seguirá moi ligado ao centro”, como indican desde Cetaqua, tendo en conta que pasa a ser o responsable da nova Dirección de Transformación de Viaqua, cuxo principal labor será “implantar unha innovadora estratexia empresarial, orientada cara á sociedade e adaptada aos novos retos sociais, ambientais, tecnolóxicos e económicos”.
Teresa Alvariño | Foto: Cetaqua
Alvariño, con dez anos de experiencia no sector da investigación e innovación ambiental, asume este novo reto “con ilusión” e co obxectivo “de seguir posicionando ao centro a nivel internacional, especialmente no ámbito de tratamento e valorización de augas residuais, promovendo estratexias de economía circular coa transición das plantas depuradoras a biofactorías”.
Escribe o teu comentario