Centos de mulleres de 11 autonomías acoden a Santiago a debater sobre as oportunidades na economía social
Participan mulleres procedentes Asturias, Cataluña, Aragón, Baleares, Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Valencia.
Máis de 100 cooperativas de toda España daranse cita en Santiago de Compostela para impulsar o papel da muller do sector agroalimentario nas empresas da Economía Social. É un evento organizado por Cooperativas Agro-alimentarias de España, xunto coa Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA.
Gandeira nunha imaxe de Agaca
A xornada prevista para o xoves 21 reunirá a emprendedoras de 11 comunidades autónomas. Durante o evento analizaranse as medidas impulsadas polas empresas en materia de igualdade e oportunidade para que as mulleres socias de cooperativas participen nos órganos de decisión.
Unha xornada para promover e recoñecer o papel da muller no ámbito da cooperación agraria nas empresas. Participan mulleres procedentes Asturias, Cataluña, Aragón, Baleares, Andalucía, Estremadura, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Valencia; ademais de Galicia.
A xornada enmárcase nun programa de acción para promover o emprendemento e liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas agrarias e o intercambio de boas prácticas patrocinadas a través do Instituto da Muller.
Colaboran o Instituto da Muller, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; o Ministerio de Traballo e Socioeconomía e Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, entre outros.
Escribe o teu comentario