Friol e Guitiriz concéntranse ante o Bispado de Lugo contra o traslado do seu párroco

Piden ao Bispo que reconsidere a súa postura sobre o traslado "forzoso" de José Ramón Pérez, ou "nos volveremos ver aquí cada semana". 


|



Friolguitirizcura 1


Medio milleiro de persoas concentráronse ás 12,00 horas deste sábado ante o Bispado de Lugo en contra o traslado do cura José Ramón Pérez, que se encarga de 12 parroquias de Friol e dúas de Guitiriz.


Na concentración participaron os alcaldes de Friol e Guitiriz, José Ángel Santos e Regina Polín, respectivamente, así como o ex rexedor do primeiro, Antonio Muíña.


O discurso, lido por unha das veciñas, fixo fincapé no labor social realizado polo cura cos fregueses das 14 parroquias, ademais de esixir ao Bispado que de marcha atrás na decisión de trasladar ao párroco.


Esta concentración é resultado do enfado dos veciños, que se sentiron alleos a esta decisión, a cal tacharon de "autoritaria e ditatorial". Sobre todo, logo de que o párroco negase as palabras do bispo, Alfonso Carrasco Rouco, cando dixo que o traslado fora acordado con el.


"Sempre estivo á marxe de todo o que se fixo ata hoxe, solicitamos ao Bispo que reconsidere a súa postura, se non o fai volveremos ver aquí cada semana", anunciou a veciña que leu o discurso.


José Ramón Pérez apuntou nun comunicado enviado aos medios esta semana que se lle "impuxo o traslado" e que este é "totalmente en contra" da súa vontade: "Nin sequera me deron oportunidade de opinar sobre o asunto".


Con todo, recoñeceu ser consciente de que "sempre" debe estar ao servizo da Igrexa e do Bispo, polo que asegurou estar disposto a "acatar a orde" que se lle encomendou.


PP E PSOE UNIDOS CONTRA A IGREXA


O alcalde de Friol, José Ángel Santos (PP), aplaudiu a unión dos veciños contra esta decisión "totalmente arbitraria, totalista e sectaria" e advertiu ao Bispo de que "esta non é a maneira de achegar a Igrexa aos fregueses, senón todo o contrario, están a apartala cada vez máis".


Tamén a rexedora de Guitirz, Regina Polín (PSOE), mostrouse "sorprendida" pola resposta veciñal, xa que "non é normal que xente do campo e distintas parroquias se unan para manifestarse a favor dunha persoa".


"Os motivos están claros, José Ramón está á beira de todos os veciños, axuda aos máis necesitados. Cousas como está non axudan a unir nestes momentos que o pobo está desapegado da Igrexa", defendeu.


Así mesmo, recoñeceu que ela e o alcalde de Friol, como políticos, non teñen "capacidade de decisión" e non queren meterse nas decisións da Igrexa. Con todo, subliñou, si queren apoiar esta reivindicación veciñal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE