Alumnos de Santiago aprenden o valor da auga a través do programa 'Aqualoxía'

Viaqua e o Concello de Santiago son os promotores desta iniciativa que pretende achegar aos nenos o valor e a necesidade de protección deste ben escaso. 


|

Aqualoxiaviaqua


O CEIP Raíña Fabiola de Santiago acolleu este luns a presentación do programa 'Aqualoxía', unha iniciativa promovida por Viaqua en colaboración co Concello que comprende actividades en escolas con recursos educativos que complementan o currículo escolar de Coñecemento do Medio e que ensinarán a un total de 330 alumnos "o valor da auga e a súa protección", segundo informaba o Director de Viaqua, José Antonio del Rey.


Esta mañá foi a quenda dos alumnos de terceiro curso de primaria, que grazas a voluntarios de Viaqua e por medio de experimentos prácticos, aprenderon a importancia de racionalizar o uso da auga.


O concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios, subliñou que esta é "unha actividade máis das que o Concello realiza con Viaqua", entre as que se engloban a exposición 'H2OH! Os secretos da auga da túa cidade', as visitas didácticas ás depuradoras de augas residuais ou os premios dos 'Relatos de Auga Intelixente' que se entregaron a semana pasada a catro alumnas compostelás e aos cales se presentaron un total de 561 microrrelatos.


Dios incidiu en que o obxectivo do programa 'Aqualoxía' é que os alumnos "reflexionen sobre o valor da auga". "Somos uns privilexiados" dixo, en relación non só á potabilidade da auga da billa senón tamén á súa calidade na capital de Galicia, onde Viaqua revalidou recentemente o seu selo de máxima calidade coa certificación internacional ISO 2200.

relacionada A exposición 'H2OH!, os segredos da auga da túa cidade' instálase na Alameda de Santiago
relacionada A auga da billa en Santiago, Ourense e Pontevedra renova o seu selo de "máxima calidade"
relacionada Catro mozas compostelás, vencedoras do concurso de relatos de Viaqua
relacionada Necesitamos reutilizar a auga ou non haberá para as próximas xeracións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE