Os tres candidatos do PSOE vense as caras nun debate agardado
Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López enfrontarán as súas visións sobre o plano político, económico-social e sobre o modelo de partido que desexan para o PSOE.
Os tres candidatos á Secretaría Xeral do PSOE, Susana Díaz, Pedro Sánchez e Patxi López, enfróntanse este luns ao que será o seu único debate nestas primarias.
O encontro estará moderado pola xornalista Carmen del Riego, comezará ás 12.15 cunha introdución dun minuto de cada un dos aspirantes e contará con tres bloques de 27 minutos: o político, o económico-social e, despois dunha pausa, entrarán a debater sobre o modelo de partido.
O encontro terminará cun 'minuto de ouro', no que os candidatos pedirán o voto. Desde todos os equipos das diferentes candidaturas asegúrase que queren un debate sosegado.
Amplía esta información en PressDigital.
Escribe o teu comentario