Reclaman que a Fiscalía tome "medidas contundetes" polo artigo homófobo
As Xuventudes Socialistas reclaman que "unha sociedade decente non pode tolerar ningún ataque aos dereitos fundamentais e á igualdade".
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) pediron ao Ministerio Público "medidas contundentes" en contra dos "ataques homófobos" publicados no xornal 'Mariñán', da Asociación de Empresarios de Sada.
Para o secretario xeral de XSG, Aitor Bouza, "unha sociedade decente non pode tolerar ningún ataque aos dereitos fundamentais e á igualdade entre as persoas". "Por iso, esiximos a todos os poderes públicos que non só condenen estes actos, senón que os combantan".
Ademais, reclama "a aplicación inmediata da Lei Galega contra a Homofobia de 2014". Dela, asegura que quedou gardada "nun caixón" desde a súa aprobación. "Hoxe máis que nunca esiximos de inmediato o cumprimento e o desenvolvemento efectivo do capítulo que recolle medidas no ámbito laboral".
Tamén sostén que artigos deste tipo evidencian que queda "moito por facer", engaden sobre unha publicación que suscitou tamén numerosas reaccións nas redes sociais.
Tamén a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (A.L.A.S.) pediu á Fiscalía que emprenda accións polo artigo. Con iso, súmase ás demandas realizadas polo colectivo LGTBI do PSOE coruñés que anunciou que solicitará ao Ministerio Público e á Valedora do Pobo que emprendan "as medidas oportunas".
Escribe o teu comentario