Confirman que o galego desaparecido é un dos mortos no ataque de Londres
A falta do resultado da proba de ADN, así o desvela a identificación parcial levada a cabo polas autoridades británicas.
O galego desaparecido tras o atentado de Londres, Ignacio Echeverría, é un dos sete falecidos no dobre ataque. A falta do resultado da proba de ADN, así o desvela a identificación parcial levada a cabo polas autoridades británicas.
É o que asegura OKDiario nunha noticia publicada esta tarde, citando fontes do Ministerio do Interior para avalar a información.
Os pais de Ignacio Echeverría viaxaron este martes á capital británica para reunirse coas súas fillas e seguir buscando ao mozo de orixe galega, máis pesimistas que en días pasados.
Por unha banda, as autoridades británicas pediran as pegadas do desaparecido mentres que, por outro, un detective contratado polo banco suízo HSBC, onde traballaba Ignacio, estaba a axudar á familia na procura.
Escribe o teu comentario