Tres incendios queimaron máis de 200 hectáreas nos últimos dous días
A extinción de cada un deles está en distintas fases. O de maior extensión, en Ribas de Sil, leva ardendo desde o martes.
Bombeiros forestais, chegando a un incendio. Foto: @Briflaza
Os dous incendios forestais rexistrados nos municipios de Ribas de Sil e O Barco de Valdeorras permanecen controlados na mañá deste xoves tras queimar 126 e 64 hectáreas, respectivamente.
Mentres, un incendio forestal que comezou na madrugada deste xoves no municipio ourensán de Pobra de Trives estendeuse ata o concello lugués de Quiroga. Permanece estabilizado tras queimar unhas 20 hectáreas.
Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural a Europa Press, o lume comezou ás 2,05 horas na parroquia de Sobrado en Pobra de Trives e estendeuse á parroquia de Enciñeira de Quiroga.
No municipio ourensán participan nos labores de extinción un axente, unha brigada e dúas motobombas, segundo apuntou o departamento de Medio Rural.
Mentres, na parte luguesa, con máis superficie afectada polo lume, traballan no operativo de extinción tres axentes, oito brigadas e sete motobombas. Ademais, estaba previsto o envío dun helicóptero para refrescar.
Escribe o teu comentario