A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador

Nun comunicado resalta que a xestión das visitas é unha "excelente oportunidade" para enxalzar "a súa vida e a súa obra".


|

MeirasinteriorInterior do Pazo de Meirás. Foto: Xunta


A polémica sobre a xestión das visitas ao Pazo de Meirás por parte da Fundación Francisco Franco escribe un novo capítulo cun comunicado emitido pola propia Fundación.


Así, a FNFF di que "recibiu como unha honra a decisión" de que xestionen as visitas porque "é unha excelente oportunidade para mostrar ao gran público a grandeza da figura de Francisco Franco".


No seu comunicado, onde xustifican o golpe de estado franquista, atribúen o rexeitamento social xerado ao "obxectivo da esquerda" de "desgastar o PP".


A Fundación reitera a súa versión de que o pazo foi "doado polo pobo galego", unha "honra" que o ditador devolveu coa súa "presenza estival" durante toda a Ditadura.


Neste sentido, a FNFF destaca que Meirás "está cheo de recordos da vida e a obra" do ditador, "probablemente o español de maior relevo mundial desde Felipe II", as supostas virtudes e fazañas que teñen intención de divulgar se as administracións públicas non o impiden.

relacionada Sada impulsa a petición de que o concello xestione as visitas a Meirás
relacionada A Fundación Francisco Franco faise coa xestión das visitas a Meirás
relacionada A Deputación de Ourense retíralle por fin a Medalla de Ouro a Franco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE