Un atropelo masivo en Barcelona deixa polo menos 13 mortos e decenas de feridos

Os Mossos confirman que hai dous detidos, mentres continúa o operativo de búsqueda. Están activados os protocolos de atentado terrorista.


|

MossosramblaDispositivo policial no lugar do atropelo. Foto: Catalunyapress


Unha furgoneta perpetrou na tarde deste xoves un atropelo masivo na Rambla de Barcelona, un ataque que as autoridades tratan como un atentado terrorista.


A cifra oficial de vítimas é de 13 falecidos e un cento feridos ingresados en distintos hospitais, 15 en estado grave. Son, en todo caso, "datos provisionais", facilitados pola Generalitat.


Os Mossos confirman que o autor fuxiu a pé e está en marcha un dispositivo de procura. Non se descarta aínda que poida haber máis persoas implicadas. Hai dous detidos relacionados co atentado.



Na furgoneta alugada utilizada para o atentado os axentes puideron atopar un pasaporte de orixe española rexistrada en Melilla.


A segunda furgoneta que utilizaría o ou os autores do atentado para fuxir foi xa localizada nun Burger King de Vic. Trataríase doutra furgoneta Fiat, de cor branca, igual que a utilizada no atropelo masivo.


Ademais, dous mossos d'Esquadra foron atropelados este xoves pola tarde nun punto de control na avenida Diagonal en dirección á saída de Barcelona, informaron fontes policiais, segundo informaron fontes policiais.


Os feitos ocorreron ás 19.24 horas dean o dispositivo de peche da cidade de Barcelona, cando un vehículo saltou o control policial.



Non periga a vida de ningún dos dous axentes, un deles atópase ferido leve.


O vehículo no que viaxaban foi interceptado e activáronse a área Especialista en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) dos Mossos.




Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Sete mortos nun dobre ataque terrorista en Londres
relacionada Un terrorista atropela cun camión a varias persoas en Estocolmo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE