A Xunta prolonga ata 2023 os concertos con colexios que segregan por sexo
A orde de Educación segue outorgando fondos públicos a catro centros segregacionistas da Coruña e Vigo.
Catro dos colgegios segregan por sexo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde da Consellería de Educación pola que se aproban os concertos educativos para o período do próximos seis cursos, desde 2017-2018 ata 2022-2023.
Entre eles mantéñense os concertos con colexios que separan por sexo de Fomento de Centros de Enseñanza, titular dos colexios Montespiño, Peñarredonda, Montecastelo e Las Acacias, na Coruña e Vigo.
Por tanto, estes centros seguirán recibindo fondos públicos máis aló da fin desta lexislatura, que remata en 2020, independentemente da cor política da próxima Xunta. O Goberno de Feijóo apóiase para iso na 'Lei Wert', rexeitada polo Congreso, pero cun posible acordo atrancado.
Así, para o curso 2017-2018 haberá un incremento de 21 unidades concertadas respecto ao exercicio anterior ata un total de 3.913, que dan servizo educativo a 86.000 estudantes en centros privados de educación infantil, primaria, secundaria, especial e formación profesional.
Segundo sinala a Xunta nun comunicado, desde a chegada do PPdeG ao Executivo galego en 2009 o número de unidades concertadas incrementáronse en 77, o que confrotan cun aumento de 213 durante a etapa do bipartito.
Os concertos que se aproban teñen unha vixencia máxima de seis anos --en primaria a Lei Wert (Lomce) ampliou o período respecto dos catro anos que había anteriormente, aínda que se manteñen os catro no resto de niveis educativos--. Están abertos a modificacións que se poidan producir durante este prazo en función das necesidades de cada curso.
A ensino concertado supón ao redor do 25% das prazas de escolarización en Galicia. O orzamento destinado supón ao redor do 11% da Consellería de Educación.
Escribe o teu comentario