Parte dos 6.000 depósitos de auga contra incendios están secos
Medio Rural recoñece "problemas" cos puntos de carga do operativo de extinción pola seca.
Helicóptero recollendo auga nun depósito.
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, informou de que existen "certos problemas" cos máis de 6.000 puntos de carga do operativo contra o lume en Galicia, porque "parte deles xa non dispoñen de auga".
Na súa visita a Xinzo, Ángeles Vázquez indicou que a problemática da seca dificulta o labor do operativo de extinción, xa que supón que hai que ter "un control exahustivo" nos depósitos, porque "non se poden deixar os puntos sen auga".
Respecto diso, indica que tras unha "onda" de tres días de incendios entre luns e mércores, o xoves mellorou a situación e espera que haxa maior "estabilidade" estes días. Sobre o balance dos lumes, explica que ningún incendio se atopa activo na mañá deste venres en Galicia.
Así, sostén que "os galegos non poden estar condicionados durante o verán polos incendiarios", polo que espera que as liñas de investigación abertas dean resultado.
Escribe o teu comentario