Villoslada critica "vellas prácticas" de "pactos e repartos de cadeiras" dos seus rivais

O deputado socialista teme un acordo entre Leiceaga e Gonzalo Caballero para concorrer xuntos ás primarias.


|

VillosladamicroVilloslada, nun encontro con traballadores de Política Social.


Juan Díaz Villoslada, un dos candidatos ás primarias do PSdeG, volveu advertir en contra de "pactos e repartos de cadeiras" entre os seus rivais, partidario de que sexa a militancia a que decida quen será o próximo secretario xeral.


"Xa non estamos no tempo das vellas prácticas", salientou a través dun comunicado o tamén deputado autonómico do PSdeG, para resaltar que quen actúe desa forma demostra que "non entende esta nova etapa" na que se atopa a súa organización.


É máis, quen fora xerente da Universidade da Coruña comprometeuse a que a súa candidatura chegue "ata o final" e, nesa liña, asegurou que se manterá "á marxe de tacticismos, apoios prefabricados e intereses persoais".


Deste xeito, Villoslada insistiu nunha mensaxe que veu repetindo os últimos días, ante o temor a que Gonzalo Caballero e Xoaquín Fernández Leiceaga, os aspirantes que obtiveron máis avais, selen un acordo que os faga concorrer xuntos á votación do día 8.


Sobre todo, á vista de que algúns socialistas xa dan por feito que o sector oficial de Vigo unirá as súas forzas en favor do ourensán radicado na Coruña, algo que desmenten os máis próximos ao alcalde e que podería inclinar a balanza en favor de Villoslada.


relacionada Os tres candidatos a liderar o PSdeG móstranse optimistas no arranque oficial da campaña
relacionada Villoslada rexeita pactos con outros candidatos e Leiceaga reitera o seu ofrecemento
relacionada Gonzalo Caballero supera en número de avais das primrias a Leiceaga e Villoslada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE