Viaqua únese á campaña "Galicia en Negro" contra a violencia machista
O evento que apoia a compañía terá lugar do 23 ao 26 de novembro
A campaña contra a violencia machista "Galicia en Negro", que se celebrará do 23 ao 26 de novembro, contará por segundo ano con o apoio de Viaqua naqueles concellos galegos onde teña presenza como empresa concesionaria do servizo de auga.
A compañía expresa o seu total rexeitamento contra a lacra social que supón o machismo, e únese á mensaxe de denuncia e solidariedade que se manifestará durante a campaña en defensa dos dereitos da muller.
Tinguimos a nosa imaxe de negro como símbolo #ContraAsViolencias uníndonos á campaña "En negro contra a violencia" #ViaquaEnNegro #GaliciaEnNegro Sumar ti tamén! ? https://t.co/4MnJ3yKETt pic.twitter.com/MWQoGQuvqD
— Viaqua (@VIAQUA) 15 de novembro de 2017
Como símbolo de apoio á causa de "Galicia en Negro", Viaqua tinguirá de negro o seu logotipo azul nas súas oficinas de atención ao cliente. Esta acción tamén terá lugar no logo de todos os seus soportes dixitais e nas súas comunicacións vía email, así como nos seus vehículos, que lucirán o logo da sensibilización pola eliminación da violencia machista. Viaqua tamén estenderá esta clase de condutas reivindicativas ao longo de todas as súas redes sociais.
Escribe o teu comentario