En liberdade tres do catro detidos por apular a un home nos pubs do Orzán

Tres do catro detidos polo apuñalamento dun home na zona de pubs do Orzán, na Coruña, o pasado 19 de abril quedaron en liberdade, aínda que manteñen a súa condición de investigados.


|

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado 19 de abril, na zona de festa da cidade herculina, cando un home foi apuñalado. 

 

Os arrestos tiveron lugar poucas horas despois do suceso, pero agora tras dos procesados salguen en liberdade, aínda que aínda seguen sendo investigados.

 

Orzu00e1n
Foto: @g24noticias

 

Tres do catro detidos polo apuñalamento dun home na zona de pubs do Orzán, na Coruña, o pasado 19 de abril quedaron en liberdade, aínda que manteñen a súa condición de investigados.

Así o confirmaron a Europa Press fontes xudiciais que precisaron que a cualificación, no seu caso, verase conforme avance a instrución da causa.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña tomou esta decisión en base ás declaracións de testemuñas e o informe forense, precisaron tamén.

Inicialmente, e tras a súa detención, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do catro detidos por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, esta última opción exposta en función do estado da vítima cuxa evolución foi, a pesar das feridas, favorable.

Con esta última decisión, só un deles, e ao que testemuñas apuntaron como o principal implicado na agresión, queda en prisión.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE