"E, se se vai Larsen, que?" O Celta pensa en dous "viquingos" para substituír ao noruegués

O dianteiro será a gran venda dun equipo que necesita reforzar o seu ataque o próximo verán. 


|

Joselu
Joselu | Foto: EP

 

Nin as desculpas de Larsen despois das súas polémicas declaracións poderán manter ao noruegués en Balaídos a tempada que vén. Son moitos os equipos dispostos a deixar unha boa cifra nas arcas do Celta de Vigo, desexoso de ingresar varias decenas de millóns nas súas maltreitas contas para afrontar as contratacións que necesita o próximo verán. A fichaxe máis urxente será o dun nove, xa que o adeus do noruegués obriga ao club a buscar un remplazo de garantías, pero non son tantas as opcións bonitas e baratas no mercado.

 

 

Os DOUS VIQUINGOS

Hoxe hai dúas opcións encima da mesa. A primeira esa a de Joselu, un futbolista que acaba de cumprir 34 anos pero que é un valor seguro no negocio do gol. O dianteiro, hoxe nas filas do Real Madrid, non é propiedade dos viquingos, senón dun Espanyol que non ten asegurado o seu ascenso a Primeira División. 

 

Coa presumible chegada de Mbappé e a fichaxe de Endrick, o de Silleda quedaría sen sitio no Bernabéu, polo que buscaría unha nova saída para manter na elite. Se o Celta consegue a permanencia, Joselu podería ver con bos ollos o regreso á que foi a súa casa. Con todo, a idade e o prezo son o gran escollo para o seu desembarco na ría de Vigo

 

É aquí onde aparece a outra gran alternativa, a de Iker Losada. O excanterano nunca escondeu o seu desexo de regresar ao Celta e manifestou en varias ocasións que neste momento só se exporía deixar Ferrol por volver vestir o celeste. 

 

Iker losada
Iker Losada | Foto: A liga

 

O de Catoira cumprirá 23 anos en agosto e está a callar unha grandísima tempada na división de prata, onde centrou a mirada de moitos equipos dispostos a lanzar pola súa contratación. Os seus 9 goles serían auga de maio nun Celta necesitado dunha substitución xeneracional no ataque. Giraldez coñece perfectamente ao "viquingo" e ao resto de cachorros da Madroa. A súa continuidade na dirección técnica é clave para convencer a Losada, que non quere ver cortada a súa boa progresión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE