A Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030 sitúa a sustentabilidade e a internacionalización como eixos

Xosé Merelles, que cumpre un ano á fronte do organismo tras o adeus de Nava Castro, lidera a estratexia para seguir impulsando este sector que tan bos resultados está a dar á economía galega.


|

Archivo - EP- Selección fotos 2021: Gabriel, un peregrino madrileño que realiza por segunda vez el Camino de Santiago y pasa por delante del mural del Zapatones, en la ruta del Camino de Santiago francés, a 17 de junio de 2021, en Lugo
Foto: EP

 

A Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030 buscará fomentar o turismo sostible e respectuoso coas poboacións, patrimonio e paisaxe, así como a internacionalización do visitante.

Así o avanzaron este xoves o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que xunto á directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, inauguraron a primeira das mesas de traballo para elaborar a Estratexia de Turismo de Galicia 2024-2030.

Con estas mesas arrinca a segunda fase da estratexia, cuxo primeiro paso foi a de diagnóstico, con reunións e enquisas nas que, segundo apuntaron, participaron máis de mil profesionais do sector.

"Queremos un turismo sostible, no que haxa unha convivencia coas entidades locais, que o turismo sexa atractivo para o sector empresarial, desde logo á hora de investir, pero tamén que sexa sostible coas poboacións, que os veciños vexan o turismo como unha forma de convivencia. A parte de buscar esa sustentabilidade coa paisaxe, co patrimonio e coa riqueza cultural", sinalou Pardal.

Pola súa banda, Merelles destacou que na planificación na que se traballa tense en conta o Ano Xacobeo do 2027. "Do que se trata é de consolidar o modelo turístico galego que nos levou a alcanzar as maiores cifras de ocupación", incidiu.

 

El director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presenta en rueda de prensa la programación de la Semana del 30 aniversario del Camino Francés como Patrimonio de la Humanidad, organizada por la X
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles


Con todo, apuntou que o Camiño de Santiago e o Xacobeo teñen unha "estratexia propia" que finaliza co Ano Santo, en 2027. "Pero temos que ter en conta que, como acontecemento previsible de atractivo, tractor de público e de turistas, hai que telo presente", sinalou.

Así as cousas, para alcanzar a consolidación do modelo, explicou, desenvolverase unha planificación "ordenada" que permita a "consolidación" dese modelo "que tan ben está a resultar para Galicia como creador e de emprego en todos os ámbitos".

Entre os retos expostos para os próximos anos, comentou, está a internacionalización do destino turístico. "Hai que ter en conta que o ano pasado foi o ano no que recibimos máis turistas estranxeiros, ao redor dun 20%. Así que parte desa estratexia dirixirase a atraer a máis turistas estranxeiros, que é onde podemos crecer", indicou.

 

"ÉXITO ROTUNDO" DE PARTICIPACIÓN NA 1ª FASE

Tanto Merelles como Pardal reivindicaron a participación do sector nas mesas de escoita habilitadas por toda a xeografía galega, cualificando esta primeira fase de "éxito rotundo".

Desta fase, concluíron que o 90% dos enquisados é "favorable" ao desenvolvemento turístico e que un 80% dos empresarios e traballadores que se dedican ao turismo "apoian e están satisfeitos coa evolución turística de Galicia".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE