O Goberno non ve requisitos suficientes para declarar zona catastrófica pola morte de bivalvos

A Delegación do Goberno trasladou o día 22 de decembro a solicitude aos ministerios de Interior e de Política Territorial para a súa valoración.
 


|

Archivo - Marisco muerto en la ensenada de San Simón, Rías Baixas
 

O Goberno descarta que as rías galegas cumprisen o requisito de declaración de zona catastrófica pola morte de bivalvos, despois de que a Xunta censurase a falta de resposta á solicitude remitida a finais de 2023 para efectuala pola alta mortalidade nos bancos marisqueiros ocasionado polas intensas precipitacións rexistradas o pasado outono.

Nun comunicado, a Delegación do Goberno en Galicia sinala que "a competencia ordinaria nesta materia é propia das comunidades autónomas, quedando reducido o Estado á xestión de emerxencias declaradas con nivel 3 e ao desenvolvemento da lexislación básica na materia".

"É por tanto a Comunidade Autónoma de Galicia a que debese anticipar á suposta situación de emerxencia, planificar e previla, dar resposta e, sobre todo, establecer medidas de recuperación tras ocorrer a emerxencia".

"A Xunta de Galicia en ningún momento durante este mes de precipitacións abundantes activou ningún plan de protección civil en fase de emerxencia, unicamente mantivo activo o Plan de Protección Civil ante o risco de inundacións en fase de alerta e seguimento", engade para rexeitar que entón o expuxese como "unha emerxencia".

Tamén explica que, unha vez recibida a petición da Consellería do Mar, a Delegación do Goberno trasladou o día 22 de decembro a solicitude aos ministerios de Interior e de Política Territorial para a súa valoración.

Respecto desta petición, indica que o Centro Nacional de Emerxencias (CENEM) consultado sobre se a Xunta activara algún plan de protección civil en fase de emerxencia (nivel 1 ou 2), "confirmaron que non activaran nada". "Por todo isto non valorou tramitar a solicitude xa que o episodio non cumpría cos requisitos básicos a ter en conta para consideralo como catastrófico", apostila.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE