Gadisa Retail suma e segue e xa conta con 8.216 profesionais na marca 100% galega

Gadisa Retail, empresa 100% galega e líder de distribución en Galicia, aumentou un 6,09% as súas vendas en 2022 até alcanzar os 1.428 millóns de euros.


|

Os números de Gadisa durante 2022 constatan o rumbo vento en popa e a toda vela que seguen desde a firma galega, que aumentou as súas cifras de vendas até os 1.428 millóns de euros. 

 

O seu compromiso pola creación e mantemento de emprego de calidade, por produtores locais ou a captación e retención de talento, claves para estas boas cifras. 

 

Gadisa Retail factura 1.428 millones de euros y su equipo humano crece hasta los 8.216 profesionales en 2022

 

Gadisa Retail, empresa 100% galega e líder de distribución en Galicia, aumentou un 6,09% as súas vendas en 2022 até alcanzar os 1.428 millóns de euros.

Nun contexto complexo, e cunha inflación do 5,7% a decembro do último exercicio, a empresa destaca que asumiu unha parte importante do incremento dos custos, como a enerxía e o transporte, entre outros, sen trasladalos aos prezos de venda "en beneficio de miles de fogares" de Galicia e Castela e León.

A división retail do Grupo Gadisa contribuíu ao sostemento do gasto público achegando 128,51 millóns de euros, entre cotizacións sociais e impostos e tributos. Os fondos propios han ascendido até os 546,66 millóns.

Tamén volveu a realizar un notable esforzo investidor, destinando 22,78 millóns de euros á innovación, dixitalización, maior eficiencia e, fundamentalmente, a mellorar a experiencia de compra dos seus clientes coa ampliación e modernización dos Supermercados Gadis.

 

CREACIÓN DE RIQUEZA LOCAL E SOSTIBLE

Gadisa Retail reafirma o seu compromiso con xerar riqueza sostible na súa contorna maniféstao de múltiples formas e en toda a cadea de valor. Unha delas, a través da creación e o mantemento de emprego de calidade.

A peche de 2022, o equipo humano estaba formado por 8.216 profesionais, dos que máis dun centenar incorporáronse á compañía durante ese exercicio. Este crecemento reforza a súa posición como empresa do sector da distribución que máis emprego sostén en Galicia.

A empresa impulsa o tecido socioeconómico mediante a compra ás súas máis de 2.000 provedores locais de Galicia e Castela e León, 1.021 de alimentación, moitos deles pemes, negocios familiares e cooperativas. En 2022, o importe destinado elevouse até os 466 millóns de euros.

 

APOSTA POLO TALENTO

A captación e a retención do talento define a política de recursos humanos de Gadisa Retail, que "promove o desenvolvemento persoal e profesional do seu equipo humano, unha das principais prioridades da compañía". En 2022, duplicouse o número de horas de formación até superar as 14.100.

Dos 8.216 traballadores, preto de 6.000 tiveron a oportunidade de mellorar as súas competencias. O crecemento laboral dentro da compañía é outra das políticas impulsadas, con 672 promocións internas durante o ano pasado, no que gozaron de medidas para conciliar a vida persoal e laboral 461 traballadores.

A empresa de distribución promove, ademais, a integración profesional real e efectiva de diferentes colectivos. Durante o 2022, incorporou ao seu equipo humano a 75 dos dos 131 alumnos en formación ocupacional nas diferentes seccións e nas caixas dos Supermercados Gadis.

 

468 PUNTOS DE VENDA

A peche de exercicio, sumou 468 puntos de venda dos seus diferentes formatos e liñas de negocio: 227 establecementos propios Gadis, Gadis Hiper e Casa Claudio; e 12 Cash Ifa, situados en Galicia e Castela e León; ademais de 229 tendas franquiciadas Claudio e Claudio Express, con presenza tamén en Madrid e Asturias.

En 2022, contabilizou 17 establecementos máis con respecto ao ano anterior. A superficie de puntos de venda propios aumentou en máis de 6.000 metros cadrados até alcanzar os 350.941 metros cadrados, como consecuencia da apertura de novos Supermercados Gadis e da política de renovación e ampliación de espazos emprendida pola empresa.

 

SISTEMA LOXÍSTICO EFICAZ E SOSTIBLE

Gadis Retail reivindica a "eficacia e sustentabilidade" do seu sistema loxístico como "unha das fortalezas", ao manter o control de todo o proceso, desde a orixe até a entrega diaria aos establecementos por unha flota de 234 vehículos propios. Isto permite optimizar as rutas de carga e transporte, o que propicia unha redución das emisións de CO2 á atmosfera.

A empresa conta con dous centros loxísticos, e outras dúas plataformas de compra e distribución de peixes e mariscos, o que lle permite trasladar aos clientes vantaxes competitivas en calidade, frescura e prezo.

 

MÁIS ACCIÓNS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

En liña cos resultados empresariais, Gadisa Retail ampliou tamén o alcance do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa cun aumento do número de accións e colaboracións até as 1.905 iniciativas en 2022.

Catro son os eixos deste plan: solidariedade, cultura, comercio e desenvolvemento local, ademais de promover o deporte e os hábitos de vida saudables.

Neste último ámbito, que concentra case o 40% do total das accións, é destacable o crecemento do programa educativo escolar Alimentes, no que participaron 16.881 estudantes de 331 colexios de Galicia e Castela e León durante o 2022.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE