RUAGUA, un plan de economía circular chega á Rúa da man de Ikea, Cotec, Cetaqua e a Deputación

O próximo 4 de decembro, o municipio ourensán da Rúa acollerá a presentación do proxecto RUAGUA. Este evento, que terá lugar entre as 12:30 e as 14:00 no Centro Cultural Avenida, será inaugurado por Luís Menor, presidente do Consorcio de Augas de Valdeorras e da Deputación de Ourense.

 


|

Cristina Garmendia, presidenta de honor de Satlantis y ex ministra de Ciencia e Innovación
Cristina Garmendia, presidenta de Cotec e ex ministra de Ciencia e Innovación

 

 

A iniciativa  ten como obxectivo principal establecer un modelo demostrativo de economía circular na Rúa. Este proxecto pioneiro pretende impactar positivamente mediante a valorización dos eixos auga-enerxía-residuos, coa intención de crear un modelo replicable de simbiose rural-industrial.

 

No ámbito da auga, Ruagua implementará un enfoque integral, dixital e áxil para achegar o uso de auga rexenerada a todos os sectores produtivos e servizos públicos. A iniciativa fomentará a sustentabilidade a través dun modelo de gobernanza cooperativa, asegurando así a dispoñibilidade de auga mesmo en tempos de seca e reducindo a tensión hídrica na contorna rural.

 

 

Ruagua traballará activamente para promover o desperdicio cero e reducir o uso de fertilizantes e químicos. Ademais, ofrecerá un compost de alta calidade. O proxecto tamén impulsará a produción de enerxía solar como fonte renovable, contribuíndo significativamente á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e ao combate do cambio climático.

Río Sil en A Rúa
Arquivo - Río Sil na Rúa

Así, RUAGA promete non ser soamente un proxecto local, senón tamén un modelo de colaboración e sustentabilidade, segundo informaron os organizadores. 

 

Forma así do proxecto DEMOS, unha iniciativa conxunta da Fundación Cotec e IKEA, que se centra no aproveitamento eficiente dos recursos da auga, enerxía e residuos, promovendo así a economía circular.  No proxecto participa o instituto de investigación Cetaqua, no que participa a empresa galega de xestión de augas Viaqua.

 

O acto contará tamén coa presenza de Cristina Garmendia, presidenta da Fundación COTEC e de Nurettin Acar, CEO de Ikea España.

 

O xornalista Luís Pardo será o encargado de conducir o acto. Entre os invitados ao acto atópanse, por unha banda, a alcaldesa María Albert, ademais de Elvira Rodríguez, da Asociación de Vecinos Fontei; Emilio Manuel Respino, director do I.E.S. Cosme López, e Roberto Fernández García, vicepresidente primeiro do D.Ou. Valdeorras. Estas xornadas buscan ofrecer unha visión integral de como RUAGUA será un factor crave na loita contra a "tensión hídrica" que afecta á rexión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE