Estabilizado o incendio que afecta ás Fragas do Eume en Cabanas
Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra
A Consellería do Medio Rural deu por estabilizado ás 16,43 horas o incendio forestal que permanecía activo no municipio coruñés de Cabanas e que afecta a 2,4 hectáreas de superfie do Parque Natural Fragas do Eume.
Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra. Para a súa extinción mobilizáronse un técnico, catro axentes, nove brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros.
A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario