Accidente mortal ao chocar unha moto cun coche en Quiroga (Lugo)
Por agora descoñécese porqué o turismo e a motocicleta chocaron esta tarde nunha estrada comarcal con moitas curvas nesta zona de media montaña.
Un motorista faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga (Lugo).
Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 18,10 horas un particular deu aviso do accidente. Até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, pero só puideron confirmar o falecemento.
O suceso tivo lugar no quilómetro 31 da LU-933. Foron avisado 061, membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e Garda Civil de Tráfico.
Pola súa banda, os efectivos do GES realizaron tarefas de limpeza do asfalto para poder circular pola vía.
Escribe o teu comentario