Medio Rural estuda en Laza a repoboación con castiñeiros
O conselleiro do Medio Rural, José González, detallou que o programa conta con 36 actuacións integradas en cinco eixos de intervención.
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do alcalde de Laza, José Ramón Barreal, realizou unha visita este venres a unha posible zona para a plantación de castiñeiro nesta localidade.
Segundo destacou a Xunta, estas actuacións enmarcaríanse no 'Programa estratéxico do castiñeiro', contemplado no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 'Cara á neutralidade carbónica', para contribuír ao fomento dos recursos forestais non madeireiros.
Así, detallou que o programa conta con 36 actuacións integradas en cinco eixos de intervención, "que abarcan desde a aposta pola planificación e investigación até a mellora da competitividade e do valor engadido das empresas".
Escribe o teu comentario