Baltar recibiu un Rolls Royce a cambio dunha praza na Deputación de Ourense, segundo unha gravación filtrada

Que José Luís Baltar atesoura unha gran colección de coches antigos non é novidade. Que o ex-líder do PP de Ourense enchufó a centenares de persoas na Deputación tampouco. Agora ben, que esa colección creceu, presuntamente, grazas ás doazóns de vehículos a cambio dos enchufes, si sería unha gran novidade. Isto é, precisamente, o que se desprende de varios audios filtrados hoxe polo diario madrileño Público. Por agora, nin a familia Baltar nin a Deputación de Ourense rebateron as acusacións.


|

Archivo - José Luis Baltar Pumar, presidente de la Diputación de Ourense.
Arquivo - José Luís Baltar Pumar, presidente da Deputación de Ourense e o seu fillo Manuel tocando nun acto do PP para celebrar unha vitoria electoral

Nunha das conversacións, de 2008, un dos empresarios apunta a que comprou un Rolls-Royce para Baltar a cambio dunha praza para a súa irmá, a través do concesionario Auto Santa Rita, especializado en coches antigos e de importación.


 

- O tema da túa irmá, carallo, Baltar, hostia, foder, ten que... Enténdesme? Porque xa está ben, enténdesme?.. Pois eu non sabía, eu non sabía que... Eu pensaba que o Rolls-Royce valérache seis millóns, pero foron sete, non?

- Si, por aí debía de andar.

- Foder, como lle diste sete millóns ao de Santa Rita? É un atracador!

- Eu non sei si é un atracador ou que...

- É un atracador, un xitano, carallo... Iso traíalo ti doutro lado pola metade do diñeiro. Fodeuche sete quilos e agora vas ao carallo. Bo...

- É un xitano.

- Exactamente. Bo, pois tranquilo, pois a ver como…


 

 

Na segunda das gravacións desveladas hoxe un funcionario alude a un pago de 30.000 euros e un coche por unha praza para a súa filla na Deputación de Ourense. 


 

- Eu creo que xa están ben, agora non se pode... Agora hai que presionar o tema e punto. Acabouse a historia, enténdesme?

- Si, teño que ir e dicirlle: "Mire, isto de agora non pode pasar".

- Claro, porque, imos ver, ao Baltar, canto lle deches ao principio?

- Pois mira, sen o coche, deille catro [millóns].

- Catro. E o coche?

- Cinco.

- E agora iso, o que lle diste agora para o partido tamén, agora no congreso. A hostia, unha cona!

- Deille tres, tamén.

- Eu era máis por sabelo, e dicirlle... "Eu creo que non está mal, non?". Enténdesme?

- Claro! 

 

 

 


QUEN ES O FILTRADOR?

En ambas as conversacións o interlocutor aparece coa voz distorsionada. Público identifícao como un “ex alto cargo da institución” e dá a entender que o alto funcionario foi quen filtrou os audios hai tempo, pero que só agora, cando Baltar pai e Baltar fillo xa non teñen poder na Deputación, accedeu á súa publicación sempre que se manteña o seu anonimato.  

EuropaPress 3305485 jose luis baltar pumar presidente diputacion ourense
Baltar cando presidía a Deputación

Segundo a cabeceira, o publicado hoxe é parte dunha serie de próximas informacións nas que empresarios e militantes do PP recoñecen pagar aos baltares subornos en forma de coches, agasallos e diñeiro para o partido a cambio de postos de traballo na Deputación de Ourense.

 

Que veracidade teñen estas acusacións? Hai que ter en conta que José Luís Baltar foi condenado en 2014 como autor dun delito de prevaricación por enchufar a 104 persoas a principios do ano 2010. A pena, en todo caso, foi leve, a penas 9 anos de inhabilitación para cargos públicos para un político que estaba xa xubilado. Castigo leve porque, entre outros factores, ninguén probou que Baltar ou a súa familia sacase rédito económico deses enchufes, circunstancia que puiden variar en función do filtrado hoxe.


Ese centenar de enchufes si deixaron réditos políticos. Executáronse xusto cando José Luís Baltar pretendía deixar o volante do PP de Ourense ao seu fillo Manuel Baltar. En fronte tiña un candidato impulsado por Alberto Nuñez Feijóo e Alfonso Rueda, o ex-alcalde de Verín. O baltarismo gañou o Congreso en parte grazas a aquelas contratacións.
 

En 2013 sóubose a través dunha denuncia anónima - que a Fiscalía arquivou- que o barón do PP de Ourense acumulaba mais dun centenar de coches de épocas.  Na denuncia dábanse as matrículas de modelos como Triumph Spitfire, Austin Mini, Porsche, Buick Super Eight, Maserati Bosi, varios Mercedes 30 que O País puido comprobar estaban a nomes de José Luís Baltar ou algúns dos seus máis íntimos colaboradores.

 

Ao analizar as consecuencias das filtracións de hoxe, hai que ter en conta que non é a primeira similar. Xusto antes das últimas eleccións locais, Público revelaba outra gravación na que se escoitaba a un fillo de José Luís, tamén chamado José Luís, facer alusións sobre supostas comisións a construtores a cambio de obras na Deputación. 

 

Esas gravacións tamén son cun interlocutor coa voz distorsionada polo que é posible que a fonte sexa a mesma do revelado hoxe.






 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE