HM Hospitais achega lecturas saudables para pacientes e familias co proxecto 'Lecturas de Benestar'
Os centros hospitalarios HM A Esperanza e HM Rosaleda compartirán esta iniciativa con motivo do Día Internacional do Libro.
Aqueles que tiveron que pasar algúns intres do seu tempo nun hospital saben do salvavidas pode ser un simple libro. A lectura é talvez o mellor vicio que un pode ter e, indubidablemente, o máis saudable de todos. Desde HM Hospitais son conscientes dos seus beneficios e incentivan a lectura con motivo do Día Internacional do Libro este 23 de abril.
Trátase da iniciativa ‘Lecturas de Benestar’ en Santiago de Compostela nos centros HM Rosaleda e HM A Esperanza. O proxecto, no que colabora estreitamente Plataforma Editorial facilitando as lecturas para pacientes e familiares, busca facer máis levadío o tempo de espera con lecturas enfocadas á saúde e o benestar persoal.
Ademais, para acceder a contido adicional tan só será preciso escanear o código QR para acceder a máis material de maneira gratuíta. Tamén os pacientes hospitalizados recibirán esta semana libros nos dous centros hospitalarios.
Entre os títulos que forman parte deste proxecto están ‘O cerebro do neno explicado aos pais’, de Álvaro Bilbao, ‘Nais Mamíferas’, de Eva Millet, ‘Aprender a descansar’, de Jana Fernández, ou ‘Como coidar a saúde emocional’, de Eva Bach.
Escribe o teu comentario