Outra cirsis en concesionarias do SERGAS: o persoal de Ambulancias Casabranca anuncia unha folga

O persoal de Ambulancias Casabranca acordou iniciar mobilizacións contra despedimentos e a "deterioración" das condicións de traballo.

 

 


|

A compañía, parte da UTE con Ambulancias do Cantábrico para realizar o transporte non urxente na área de Santiago, enfróntase aos seus traballadores polos despedimentos e a precariedade. 

 

"Mesmo hai sospeitas fundadas, e que serán postas en mans da fiscalía nos próximos días, de que se contratou a familiares sen titulación e que esta foi falsificada", denuncia a CIG.

 

El Área Sanitaria de Santiago renueva su flota de ambulancias.
Flota de ambulancias da área sanitaria de Santiago

 

O persoal de Ambulancias Casabranca acordou iniciar mobilizacións contra despedimentos e a "deterioración" das condicións de traballo.

Nun comunicado, a #CIG denuncia incumprimentos das empresas e presións. Por iso, avisa que as protestas "terminarán na convocatoria dunha folga", ademais de mobilizacións en toda a UTE, "se non se soluciona este conflito".

Ambulancias Casabranca forma parte dunha UTE con Ambulancias do Cantábrico (de HTC Group) e realiza o transporte sanitario non urxente da área sanitario de Santiago, dependente do Sergas.

Segundo explica o representante de FGAMT-#CIG de Compostela, Inácio Pavón, denuncia que esta é unha das empresas do sector con peores condicións, que só se melloraron coa acción sindical. Pero "unha vez máis volven deixar de lado os acordos", o que leva ao persoal a "dicir que xa basta". 

A CIG advirte de que, ás portas dun novo concurso público, incúmprense acordos de contratación, referido a respectar antigüidades e cubrir postos fixos con traballadores indefinidos, e despídese a traballadores para "contratar outros aos que se lles advirte que non deben falar coa representación sindical". "Mesmo hai sospeitas fundadas, e que serán postas en mans da fiscalía nos próximos días, de que se contratou a familiares sen titulación e que esta foi falsificada".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE