A CIG denuncia novos atrasos nas nóminas de ambulancias de Pedrafita, Sarria ou Guitiriz; a empresa négao

O sindicato volve acusar a Lucus Loxística S.L. de non pagar en tempo e forma aos seus empregados como marca o convenio. O mes pasado a empresa dixo que todo se debía a unha manobra de empresas rivais para desprestixiar á compañía.


|

061 541768ba
Foto: CIG

 

A historia repítese na área sanitaria de Lugo. Como xa ocorreu hai xusto un mes, desde a #CIG denuncian que non se abonaron os salarios correspondentes ao traballo de abril en Lucus Loxística S.L., encargada da xestión do transporte urxente do 061 en Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro. Desde o sindicato detallan que hai medio centenar de traballadores afectados por esta situación, que a empresa achacou hai un mes ao "xogo sucio" dentro do gremio. 

 

FALTA DE PAGAMENTOS

Desde a FGAMT-#CIG, aínda que non ten representación entre o persoal da firma, denunican que ese trata dunha situación "preocupante" por mor de" a reiteración na demora do pago dos salarios", pero tamén polos efectos que pode ter nun servizo "no marco do actual proceso de adxudicación do servizo de transporte urxente".

 

O sindicato subliña que debe garantir "o cumprimento do pago dos salarios de maneira periódica e puntual", tal e como estipula o convenio, e dirixen os seus crícitcas á Xunta "para que se interese no seguimento desta situación no que pode ser un claro síntoma de precariedade que poida repercutir ao servizo que deben recibir as persoas usuarias do SERGAS". Todo isto ocorre nun contexto especialmente delicado, con crise en concesionarias doutras áreas como Ambulancias do Atlántico, Ambulancias Civera ou Ambulancias Casabranca

 

 

UNHA BATALLA ENTRE EMPRESAS

A principios de abril, cando se deu o caso da primeira falta de pagamento, Galiciapress tivo oportunidade de charlar coa dirección de Lucus, que recalcou en todo momento que a compañía "xamais experimentou atrasos no pago das nóminas dos seus empregados nos últimos 4 anos". Tras esta nova denuncia desde a empresa volven insistir en que "as nóminas están pagas".

 

En todo caso, si admiten que, de haber uns problemas, responderían a un conflito dentro dunha  #UTE da que forma parte con outros empresarios do sector e a unha campaña de desprestixio que busca prexudicar a Lucus ante a Xunta no medio desta batalla polos concursos públicos.

 

 

Desde Lucus Loxística responsabilizaban á xerencia desa UTE dos atrasos, xa que é a xerencia "a que cada mes transfire, tanto a Lucus Loxística como ao resto de membros de devandita UTE, as cantidades dinerarias necesarias", sendo estas as precisas para cumprir coas "obrigacións contractuais", como son "o pago de nóminas aos traballadores".
 

"Este pasado mes de marzo a xerencia de UTE Servizos Sanitarios de Monforte e Outros S.L. non actuou da mesma maneira e cabe preguntar cal é a razón diso", acusaban desde a firma, que deslizaba os intentos dos seus rivais por orquestrar "unha campaña de asfixia económica cara a Lucus Logísitica para xerar un dano reputacional na mesma".

 

 

Desde a empresa tamén se sinalaba que o convenio fixa como data máxima para pagar o día 5 de cada mes, que en abril caeu en venres e en maio en domingo. O sindicato apenas deu tempo nas dúas ocasións para denunciar o que pasara, algo que molestou no seo de Lucus Losística. 

 

De igual maneira, o secretario comarcal da FGAMT-#CIG, Christian López, matiza que, con guerras entre compañías ou sen elas, non é amisible que "se permita que empresarios desta categoría sigan á fronte de empresas que sistematicamente se encamiñen a procedementos concursais ou de liquidación" e que as vítimas non poden ser os traballadores.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE