Aparece afogado un veciño na praia de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

A praia de Carnota pode resultar perigosa para o baño cando hai ondada, dado a que é moi aberta, e ás correntes, sobre todo na zona de desembocadura da lagoa. Con todo, o falecido debía coñecer ben estes riscos, xa que vivía na aldea próxima ao areal.


|

Playa de Carnota en una foto de Juan publicada en Wikimedia bajo GNU Free Documentation License, Version 1.2
Praia de Carnota nunha foto de Juan publicada en Wikimedia baixo GNU Free Documentation License, Version 1.2

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota (A Coruña), á que acudira para dar un baño.

O falecido é veciño de Caldebarcos e foi localizado por un particular que rescatou o corpo da auga e deu o aviso á central do 112 minutos antes das 12,30 horas.

Segundo trasladaron fontes próximas ao ocorrido, o falecido sairía da súa casa para dar un baño no areal e morreu afogado.

Até a zona mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 con base en Ourense, que non puido facer nada pola vida do octoxenario.

Tamén acudiron á praia axentes da Policía Local e Garda Civil, así como voluntarios de Protección Civil de Carnota. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE