Debe o Panorama actuar no Obradoiro? Polémica tras un informe de Patrimono que o desaconsella

Os técnicos de Patrimonio advertiron que a actuación, programada para as Festas da Ascensión, non era compatible coa preservación dos monumentos. O Concello mantena, reducindo aforamento e decibeis, argumentado que a opinión de Patrimonio non é vinculante neste caso. Ao PP non lle parece suficiente e esixe outro exame dos técnicos.


|

Los concejales del PP de Santiago Borja Rubio, Nerea Barcia y Adrián Villa en rueda de prensa en el Ayuntamiento.
Os concelleiros do PP de Santiago Borja Rubio, Nerea Barcia e Adrián Villa en rolda de prensa no Concello.


 


O PP de Santiago tachou de "decepcionante" a programación das festas da Ascensión e insistiu en demandar un informe favorable para a actuación do Panorama na Praza do Obradoiro. O Goberno local deféndese argumentado que ao PP todo parécelle que mal, que se tomaron xa medidas para limitar o impacto da actuación e que en todo caso o informe dos técnicos non é un determinante.

En rolda de prensa, a concelleira popular Nerea Barcia lamentou que o Goberno local "volva esquecer aos barrios e parroquias", xa que considera que optaron por levar as actuacións que tiñan lugar nos centros socioculturais para locais de hostalaría. Neste sentido, dixo non entender "o criterio que empregaron para decidir en que locais se e en cales non", criticando que non sexa "acordado" coa Asociación de Hostalaría.
 

Panorama
Unha actuación da orquestra Panorama


Tamén reprochou que coincida o horario dos concertos dos 40 Principais na Quintana coa actuación da Orquestra Panorama na Praza do Obradoiro.



Sobre esta actuación, o edil do PP local Adrián Villa manifestou que a pesar de que o PP "está a favor" deben esixir "que se faga co informe favorable pertinente", para que "se cumpran todas as garantías". Así, cualificou de "sorpresa" a limitación de acceso ao Obradoiro. "Sorpréndenos que os nacionalistas tomen a decisión de limitar decibeis e espectadores, sen saber si con esas medidas imos obter un informe favorable", remarcou.

Preguntada por estas críticas, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, lembrou este luns en rolda de prensa que esta actuación se enmarca dentro das festas da Ascensión, polo que "non necesita informe dos técnicos". Con todo, debido ao "compromiso co patrimonio" do Executivo local, engadiu, quixeron "tomar unha serie de medidas", como a limitación do espazo a 8.000 persoas e baixar os decibeis.

"Non é necesario o informe, pero insistimos en querer tomar unha serie de medidas que en anteriores anos non se tomaron", aseverou Louzao.

PROGRAMACIÓN PARA A MOCIDADE
Ademais, os populares composteláns tamén mostraron o seu descontento pola "falta de programación" no ámbito da mocidade. Botan en falta "máis peso dos novos talentos, dos creadores e creadoras" do municipio.

Nesta liña, o edil Borja Rubio expuxo que no centro de Almáciga ensaian sobre 30 grupos musicais e nestas festas da Ascensión "só un deles terá a oportunidade de mostrar todo o seu potencial".

Ante isto, a concelleira do BNG Míriam Louzao defendeu que hai actividades para este público e criticou que o PP "fai o seu papel" que, na súa opinión, pasa por "basicamente non gustarlle nunca nada do que fai este goberno".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE