temporal

​O temporal asolaga o Paseo Marítimo da Coruña e esnaquiza coches e bancos de pedra

A forza do mar levou por diante vehículos estacionados e o mobiliario urbano das zonas contiguas á praia. O mar invadiu a calzada e aínda a esta hora a zona tenta recuperar a normalidade despois dunha noite de tormenta. 

Espéranse choivas localmente fortes e ventos de ata 80 quilómetros por hora en varias comarcas
As provincias galegas de Lugo, A Coruña e Pontevedra terán este xoves risco (aviso amarelo) por forte vento e ondada, segundo avisou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Os ríos Xallas, Umia e Verdugo poden desbordarse nas próximas horas
A subida dos caudais en ríos das concas de Galicia-Costa levou a activar este mércores o Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) da Comunidade galega nunha xornada con aviso amarelo por precipitacións nas provincias da Coruña e Pontevedra.
Gloria deixa xa catro mortos e polo menos dous desaparecidos en Cataluña

Os ríos Ter, Fluvià e Tordera desbordáronse a mañá deste mércores, polo que a Generalitat elevou o plan de inundacións Inuncat a fase de emerxencia.

O xélido vento provoca alertas e despolma as temperaturas ata -7,5ºC
A localidade ourensá de Manzaneda rexistrou este luns a temperatura mínima de Galicia, con -7,5 graos centígrados, mentres que en Baltar (Ourense) os termómetros descenderon aos -6,4ºC.
(Vídeo) O Río Pedras pasou encima dunha ponte polo temporal, que deixa ata 126 litros por metro cadrado

O Río Pedras de A Pobra é coñecido por moitos veraneantes e locais, que cando queren fuxir de a masificación de praia escápanse ás súas fermosas pozas, encerradas entre gargantas graníticas. Configuración xeolóxica que contribuíu este xoves a un bo susto, cando se desbordou e estivo a piques de levar por diante unha ponte, como se pode neste vídeo remitido a Galiciapress.

Alerta laranxa en case toda Galicia por choiva, vento e ondas


A situación máis grave está a darse na provincia da Coruña, onde AEMET prolonga a alerta por vento e choivas en case todas as comarcas polo menos ata as 12 da noite. 

O forte vento pon hoxe comarcas costeiras en alerta e nos próximos días poñerá zonas do interior
A AEMET decretou avisos amarelos por risco de vento na Coruña, Lugo e Asturias
Case 20.000 fogares galegos seguen sen luz a causa do temporal
Uns 17.000 fogares galegos, sobre todo na provincia de Ourense, continúan con problemas na subministración eléctrica por mor das incidencias derivadas do temporal 'Fabien', que afecta desde o sábado á comunidade, e que se suman ás do 'Elsa' os días pasados.
​O temporal nótase en Galicia na economía e nas mesas do Nadal

O mal tempo obrigou a pescadores e mariscadores a permanecer en terra, o que supón perdidas de miles de euros no sector en plena campaña de Nadal. A alta demanda e a escasa oferta tamén provocou que nas lonxas os prezos polas nubes e a escaseza de moitas especies sexa a tónica habitual estes días, onde moitos batallan por atopar algúns produtos como o sempre cobizado percebe. 

O temporal Fabien forza a suspensión de todos os partidos de fútbol en Galicia o sábado
A Real Federación Galega de Fútbol decidiu suspender todos os partidos programados para este sábado debido ás condicións meteorolóxicas que se esperan.
Alerta vermella na costa e alerta laranxa en todo o interior este sábado pola borrasca Fabien
Toda a comunidade galega estará en alerta vermella este sábado por fortes refachos de vento no mar e perigo de ondada en todo o litoral.
Un morto ao derruirse un muro en Bonaval en Santiago
Unha persoa morreu este xoves ao caer un muro no Parque de Santo Domingo de Bonaval de Santiago de Compostela a causa do temporal Elsa que afecta desde este mércores a Galicia.
Colexios sen teito, centenares de casas asolagadas, varios ríos desbordados e miles de fogares sen luz, balance do temporal Elsa que continúa

O Tambre causa xa inundacións en varias localidades, incluído no instituto de Portomouro. Hai inundacións en Sada e polo menos un pobo de Ourense está incomunicado, debido a unha das numerosas estradas cortadas.


O temporal tira parte do teito do Estadio Pasarón de Pontevedra
O Concello de Pontevedra informou de que varias láminas da cuberta do estadio de Pasarón caéronse como consecuencia das malas condicións meteorolóxicas que trouxo o temporal 'Elsa'.
(Vídeo) Así caeu unha fachada en Cangas polo temporal entre curiosos comentarios

"Caiu ben, caiu ben", valora un dos espectadores da caída dunha fachada no centro de Cangas do Morrazo onte mércores.

(VÍDEOS) O Miño desbordado, árbores e tellas caídas son os estragos de Elsa, que deixou tronos e máis de mil incidencias
O temporal 'Elsa' deixou máis de mil incidencias durante a madrugada deste xoves. Tamén obrigou a cancelar un voo desde Peinador (Vigo), provocou a caída dunha fachada en Cangas (Pontevedra) e a interrupción da circulación de varias liñas ferroviarias de toda a Comunidade.
(VÍDEOS) O Miño desbordado e outras imaxes do impacto da borrasca Elsa en Galicia
O temporal 'Elsa' deixou máis de mil incidencias durante a madrugada deste xoves. Tamén obrigou a cancelar un voo desde Peinador (Vigo), provocou a caída dunha fachada en Cangas (Pontevedra) e a interrupción da circulación de varias liñas ferroviarias de toda a Comunidade.
Ampliada a alerta laranxa por choiva a varias comarcas
A Dirección Xeral de Emerxencias ampliou a alerta laranxa por choivas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, que se suma ás xa vixentes por vento en toda a comunidade e por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra.
Alerta laranxa por neve en varias comarcas
A costa galega permanecerá tamén no nivel laranxa por mar combinado con ondas que poden alcanzar os 7 metros

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE