O incendio de Quiroga xa arrasou case 150 hectáreas a pesar de estar controlado desde o xoves
O incendio forestal que se declarou o mércores pola tarde en Quiroga (Lugo) prosegue en situación de controlado á primeira hora da mañá deste venres e a superficie queimada mantense en 149 hectáreas, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural.
Pese ao notable descenso de temperaturas as chamas seguen consumindo esta parte de Valdeorras, aínda que a Xunta asegura que o lume está controlado desde onte.
O incendio forestal que se declarou o mércores pola tarde en Quiroga (Lugo) prosegue en situación de controlado á primeira hora da mañá deste venres e a superficie queimada mantense en 149 hectáreas, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural.
O incendio nunha imaxe da TVG
Os medios acumulados que ata agora participaron na loita contra as chamas en Quiroga son un técnico, 18 axentes, 45 brigadas, 23 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e tres avións.
O lume iniciouse ás 17,32 horas do pasado mércores na parroquia de Montefurado, onde a superficie que ardeu correspóndese con 40 hectáreas de monte arborizado e 109 de monte raso.
Escribe o teu comentario